VIGO
O Pleno de Vigo pide á Xunta reformular o anteproxecto de lei de ordenación do territorio
A Corporación Municipal de Vigo celebrou este pasado mércores a sesión plenaria do mes de novembro na que aprobou unha moción para solicitar á Xunta que reformule o anteproxecto de lei de ordenación do territorio de Galicia. Tamén saíron adiante cos votos de PSOE e Marea as propostas para pedir a administración autonómica partidas para humanización de viais e melloras nos centros educativos
O Pleno Municipal do Concello de Vigo aprobou este mércores catro mocións do grupo socialista solicitando a Xunta diversas partidas económicas para a cidade. Ademais, tamén saíu adiante co apoio dos concelleiros da Marea unha proposta para que a administración autonómica modifique o anteproxecto de lei de ordenación do territorio e evitar "expropiacións de terreos que favorezan a dedo a promotores".
María José Caride, concelleira de Urbanismo, foi a encargada de defender a moción do grupo municipal socialista instando á Xunta a eliminar a figura dos proxectos públicos de "interese autonómico" para a iniciativa privada. "Esta é unha moción preventiva ante os problemas que pode dar para a autonomía municipal o feito de que un proxecto privado sexa de interese público e poida expropiar sen control de ningún tipo", sinalou.
A edil alertou do risco "gravísimo" se chega a aprobarse a lei e cualificou coma un "escándalo" a posibilidade de expropiación de monte a favor de promotores "a dedo" e sen ser propietario "nin sequera dun metro de terreo". A moción aprobada tamén insta á Xunta a garantir que a declaración de "interese autonómico" conte con informes favorables dos concellos afectados e tramitar as modificacións do plan municipal para dar cobertura aos proxectos públicos cas garantías do Lei do Solo.
Polo grupo da Marea de Vigo, Xosé Lois Jácome anunciou o apoio a solicitude e advertiu de que a lei "busca retirar os centros de decisión dos concellos" e favoreces a empresas extractivas, polo que considerou que se trata dun anteproxecto "francamente grave".
Desde a bancada do Partido Popular, que votou en contra, o concelleiro Miguel Fidalgo acusou ao goberno local de querer "torpedear" o proxecto do Celta en Mos e de "enganar ao club para que marche de Vigo". O edil recomendou "preocuparse máis do urbanismo da cidade e menos do urbanismo de Mos".
Aparcamento do Cunqueiro
Ademais, os grupos municipais do PSOE e de Marea (o PP abstívose) aprobaron outra moción socialista para que a Xunta leve a cabo os trámites necesarios para a gratuidade do aparcadoiro do Hospital Álvaro Cunqueiro a partires do 1 de decembro de 2018.
Igualmente, saíu adiante unha proposta para que a administración autonómica inclúa unha partida orzamentaria no ano 2019 de 4 millóns de euros para iniciar a execución das obras de humanización na Avenida de Castrelos, Avenida Ricardo Mella, Avenida de Galicia, Avenida da Ponte e Estrada de Camposancos.
Por último, aprobouse outra moción do PSOE instando á Xunta de Galicia a investir no ano 2019 unha partida de 5 millóns de euros na mellora de eficiencia enerxética dos centros educativos públicos de Vigo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217