MOS
Comeza o Nadal en Mos co acto de acendido do alumeado navideño
Será o vindeiro domingo, 2 de decembro, a partir das 17.00 horas na Praza do Concello
Tras dous meses de montaxe e 12 anos de historia e tradición, xa está listo o Belén xigante de Herville deste ano, que se abrirá ao público mañá e que está complementado por unha mostra de Beléns do mundo con pezas de nacementos chegadas de distintos países e continentes. Á última xornada de montaxe, onte pola tarde, asistiron a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Cultura e Política Social, Sara Cebreiro, e a edil mosense de Participación Cidadá, Julia Loureiro; que aproveitaron para realizar a presentación oficial da programación municipal de Nadal.
O programa navideño do Concello de Mos comezará pois mañá, sábado 1 de decembro, coa inauguración do Belén de Herville ás 18:30 horas na que actuará Xulio Lorenzo.
Estará exposto do 1 decembro ao 13 xaneiro en horario de 15:00 horas a 17:00 horas e de 19:30 horas a 22:00 horas. Os sábados, domingos e festivos de 15:00 horas a 21:00 horas na Asociación Cultural e Social de Herville.
O domingo 2 de decembro na Praza do Concello en Petelos ás 17.00 horas comezará o acto de animación infantil con DJ e mascotas da Aldea Fantasía, ás 18.00 horas concerto de Uxía Lambona e A Banda Molona seguido do acendido oficial do alumeado de Nadal. O fin de festa realizarase con chocolate quente para todos.
A entrega de propostas para o Concurso de Postais de Nadal na Biblioteca Municipal estará aberta do 3 ao 21 de decembro de 10:00 horas a 21:00 horas. As categorías de participación son Categoría I: de 3 a 5 anos, Categoría II: de 6 a 8 anos e Categoría III: de 9 a 12 anos. A exposición das obras presentadas estará aberta do 26 de decembro ó 4 de xaneiro.
Outro Belén incluído na programación navideña mosense é o do Pazo de Mos, que estará exposto do 1 decembro ao 7 de xaneiro en horario de luns a venres de 17:00 horas a 21:00 horas, e os sábados, domingos e festivos de 10:00 horas a 13:00 horas.
O día 25 de decembro tamén no Pazo de Mos haberá o seu tradicional Belén Vivinte a partir das 11:00 horas da mañá.
O domingo 9 de decembro ofrecerase o musical O Rei León no auditorio do Centro Dotacional de Torroso ás 18:00 horas. O prezo das entradas será de 12 euros.
Tamén o 9 de decembro celebrarase o tradicional Festival de Panxoliñas ás 18:00 horas no Multiusos das Pozas coas actuacións das corales mosenses Ventos do Val, O Son dos Cantares, Novas Voces de Celado, Asomamos e Coro Galego Abrente.
O sábado 15 de decembro impartirase un obradoiro infantil de manualidades de Nadal en horario matinal de 11:00 horas a 13:30 horas tanto na Biblioteca Municipal na Porteliña como no Local Social de San Eleuterio. É precisa inscrición previa no correo electrónico omix@concellomos.es e no teléfono 986339404. Vai dirixido a nenos de 5 a 12 anos de idade e as inscricións poden formalizarse ata o día 12 de decembro.
O xoves 20 de decembro celebrarase unha Festa Veciñal de Nadal ás 18:00 horas na Discoteca Queen, con membros de Asodifisi, Escravas da Virxe Dolorosa e Asociacións Culturais e Veciñais do Concello de Mos.
O domingo 23 de decembro ás 17:00 horas na Avenida de Puxeiros celebrarase o Desfile de Rondallas e poderá tamén visitarse a Estación de Papá Noel con obradoiros infantís e animación. Actuarán a Asociación Club Rondalla Santiaguiño de Guizán, a Rondalla da Asociación Cultural e Social de Herville, a Rondalla do Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia de Mos, e a Rondalla do Círculo Recreativo e Cultural de Torroso.
A Festa Pre Fin de Ano do Concello de Mos celebrarase o 30 de decembro ás 23:00 horas no Pazo de Mos, con badaladas con uvas e cotillón ás 24:00 horas. A amenización musical correrá a cargo da Orquestra París de Noia.
O venres 4 de xaneiro haberá unha Festa Infantil ás 18:00 horas no Multiusos das Pozas coa actuación de Xoán Curiel e a Banda do Verán que presentarán A Casa do Terror. Tamén haberá unha visita do Paxe Real para recoller as últimas cartas dos Reis Magos e entrega de premios do concurso de postais.
O sábado 5 de xaneiro celebrarase a tradicional Cabalgata de Reis na Avenida de Sanguiñeda a partir das 17:00 horas.
A actividade SurfeaMOS no Nadal realizarase os días 2, 3 e 4 de xaneiro en horario de 9:15 horas a 14:30 horas dirixida a mocidade de 10 ata 17 anos preferentemente. Ten un prezo de 39 euros e as incricións poderán realizarse do 10 ao 21 de decembro.
Os obradoiros interxeracionais Tecendo Lazos de “Elaboración de xoguetes tradicionais” serán os días 24, 26, 27, 28 e 31 de decembro e 2, 3 e 4 de xaneiro en horario de 9:00 horas a 14:30 horas no Multiusos. As inscricións poderán realizarse ata o 12 de decembro.
O Campamento de Nadal para Escolares será os días 24, 26, 27, 28 e 31 de decembro e 2, 3 e 4 de xaneiro en horario de 9:00 horas a 14:30 horas no Colexio Mestre Martínez Alonso, Castro-Mos, cun prezo de 55 euros. As inscricións deberán realizarse entre o 10 e o 19 de decembro.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217