Martes, 03 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Domingo, 02 de Diciembre de 2018 Tiempo de lectura:
MOS

O programa integrado de emprego Mos 3.0 confirma unha cuarta edición co apoio da Xunta

O delegado territorial, Ignacio López-Chaves, clausuraba este venres o PIE de Mos, cun índice de inserción laboral do 50 por cento e no que participaron 85 alumnos

O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, clausurou esta semana o programa integrado de emprego “Mos 3.0”, unha iniciativa na que colaboran o Concello e a Xunta e na que un 50 por cento dos 85 participantes conseguiron xa encontrar traballo. O obxectivo, apuntou o representante autonómico, é “incrementar as oportunidades laborais das persoas desempregadas a través de actuacións que buscan a especialización grazas á posibilidade de combinar orientación e asesoramento con formación e prácticas”.

 

No acto celebrado na Axencia de Colocación, no que estivo acompañado pola alcaldesa, Nidia Arévalo, o representante autonómico confirmou que Mos terá unha cuarta edición do “Mos 3.0” que chegará, na convocatoria do 2018-2019, a un cento de veciñas e veciños sen emprego deste concello.

 

Na súa intervención, López-Chaves fixo especial fincapé no esforzo do Goberno galego en materia de formación e orientación laboral, “unha prioridade –dixo-  para a Administración autonómica que se ve reflectida nas crecentes políticas activas de emprego”. Citou así os obradoiros de emprego, o plan galego de formación e os programas integrados de emprego, entre os plans que están a acadar maior éxito.   

 

 

 

 

Na nova convocatoria, 1.800 persoas da área territorial de Vigo recibirán asesoramento, formación e prácticas a través destes programas impulsados pola Xunta

 

 

 

 

No conxunto de Galicia, a Xunta desenvolverá no marco da nova convocatoria un total de 48 programas integrados que, cun investimento próximo aos 11 millóns de euros, chegarán a 4.800 desempregados. Así, coa participación de 58 concellos e 24 entidades, a Administración autonómica sigue apostando pola colaboración para dar novas oportunidades laborais á cidadanía.

 

No que atinxe á área territorial de Vigo, un total de 1.800 persoas desempregadas recibirán asesoramento, formación e prácticas ao abeiro destes programas, dos que se benefician cinco concellos (Moaña, Mos, Redondela, Vigo e Cangas) e 13 entidades.


 
Tras agradecer a implicación do Concello de Mos, López-Chaves apuntou que é necesario deseñar programas formativos que se axusten á realidade económica e social de Galicia, o que se está a favorecer a través de iniciativas impulsadas pola Xunta como os cursos de formación para desempregados, a formación á porta ou os obradoiros duais, que se activaron este ano por primeira vez. Unhas actuacións que están contribuíndo á hora de consolidar a recuperación no terreo laboral, e que fan posible que Galicia conte cunha taxa de paro do 12,24%, o que supón 2,25 puntos menos que hai un ano. Para seguir avanzando neste camiño, o ano que vén a Consellería de Economía, Emprego e Industria destinará 145 millóns de euros á formación.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.