Domingo, 01 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 03 de Diciembre de 2018 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

O PP de Salceda "promete" unha escola infantil con 80 prazas en Parderrubias

Estará situada o carón do aula infantil do CRA Raíña Aragonta de Fontán, un punto de fácil acceso e ben comunicado coa PO-510 que une Salceda con Salvaterra e O Porriño

O PP de Salceda de Caselas comprométese a construír unha nova escola infantil “A Galiña Azul” en Salceda, concretamente na parroquia de Parderrubias. Así o anunciou o a semana pasada o seu portavoz, Santiago Rodríguez Davila, nun encontro veciñal no centro cultural da devandita parroquia.

 

Esta nova escola infantil dirixida a nenos de entre 0 e 3 anos e dependente da Rede de Escolas Infantís da Xunta de Galicia, terá unha capacidade de 80 prazas e buscará dotar o municipio dun servizo “básico para calquera familia traballadora á que lle é moi difícil conciliar a vida laboral coa familiar, creando un complexo educativo que cubrirá toda a etapa infantil”, informa Davila.

 

[Img #47499]

 

A Galiña Azul instalarase xunto á aula infantil do CRA Raíña Aragonta de Fontán, unha localización “perfecta”, a xuízo de Rodríguez Davila, porque se trata dun punto estratéxico para a entrada e saída do municipio pola PO-510 en ambos sentidos. “Calquera veciño de calquera parroquia de Salceda, terá acceso directo en todas as direccións para poder deixar aos seus fillos e recollelos tanto se vai dirección O Porriño e Salceda como en sentido contrario e sen necesidade de entrar no centro urbano”, explicou o portavoz popular aos veciños presentes no centro social de Parderrubias.

 

Para o portavoz popular “con esta gardería cubriríase unha demanda necesaria en Salceda xa que neste momento o municipio ten unha lista de espera de 90 nenos que non teñen praza de gardería pública, por tanto unha realidade e un problema o que queremos dar solución e para iso traballamos dende a oposición, para chegar ao goberno de Salceda cos deberes ben feitos e coñecendo as necesidades reais dos cidadáns”.

 

[Img #47502]

 

Os populares están convencidos de que “axudando os mozos e ás familias e ofrecéndolle servizos tan básicos como unha gardería” Salceda será un municipio de futuro onde os mozos “quererán vivir e traballar”. “Temos unha localización privilexiada, a poucos quilómetros do noso polígono de O Cerquido, e os limítrofes de As Gándaras, A Granxa e a tan só 10 minutos da futura Plisan, temos todos os ingredentes para crecer”, continuou.

 

 

 

 

O PP salcedense incluirá esta proposta no seu programa electoral e forma parte do Plan Integral de Recuperación e Posta en Valor das Escolas e Casas dos Mestres das Parroquias

 

 

 

 

Administrativamente, a construción desta nova gardería infantil pertencente á Rede Galega da Xunta e non é complicada porque os terreos nos que se expón instalar son de propiedade municipal e están considerados como edificables. Para os populares, “tan só necesítase vontade política e nós témola toda para dinamizar o noso Concello”. Con esta Galiña Azul activarase a contorna rural e ordenarase urbanisticamente os arredores da actual CRA a través de novas zonas de aparcadoiro, espazos verdes, nova rede de servizos e equipamento urbano (mobiliario).

 

A Galiña Azul, está incluída no Plan Integral de Recuperación e Posta en Valor das Escolas e Casas dos Mestres das Parroquias”

 

O proxecto de construción desta escola infantil Galiña Azul enmárcase dentro do Plan Integral de Recuperación e Posta en Valor das Escolas e Casas dos Mestres das Parroquias de Salceda, actualmente, a maioría “abandonadas” e “sen ningún uso”, para devolvelas os veciños a través dun servizo “de interese xeral e veciñal ”. O primeiro proxecto de reforma exposto polos populares foi o da construción dun Centro Formación Educativa, Persoal e Multidisciplinar na casa escola de Vendanova e o segundo é a posta en funcionamento desta gardería en Fontán - Parderrubias.

 

A intención do PP de Salceda é “dar solucións concretas” a “problemas concretos”, porque expomos un proxecto para cada unha desas casas escolas “esquecidas” polo Goberno local durante os 12 anos de goberno e non só “tiros o aire” con “ideas pouco estudadas e sen ningunha consistencia”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.