O PORRIÑO
O PSdeG inicia o proceso para readmitir á alcaldesa do Porriño como militante
Eva García de la Torre sae absolta de todos os cargos que se presentaron contra ela polo exercicio da súa actividade profesional
A Comisión Executiva Provincial de Pontevedra iniciará de inmediato o proceso para readmitir como militante a Eva García de la Torre, alcaldesa do Porriño. O secretario xeral, David Regades, anunciou a medida esta mañá de venres tras coñecerse a sentencia que absolve a García de la Torre de todos os cargos que se presentaron contra ela polo exercicio da súa actividade profesional.
“A alcaldesa do Porriño demostrou responsabilidade ao cumprir co Código Ético abandonando a súa militancia ante a apertura de xuízo oral. Estamos encantados con que se reincorpore de novo á militancia socialista, é un valor fundamental para o PSdeG desta provincia”, asegurou Regades. García de la Torre pediu voluntariamente a súa baixa como militante antes de afrontar o proceso xudicial, que se celebrou o pasado 22 de novembro.
"O maxistrado titular do Xulgado do Penal número 1 de Pontevedra entende que a alcaldesa do Porriño non cometeu ningún dos delitos que lle imputaba a Fiscalía, falseamento documental e deslealdade profesional" explican nun comunicado. “É unha boa nova para as e os socialistas de Porriño e da provincia, que poderán seguir contando con Eva para mellorar as condicións de vida da veciñanza”, afirmou Regades.
Regades destacou a gran labor que de la Torre leva a cabo desde a alcaldía do Porriño, onde "as e os socialistas puxeron no centro das políticas á veciñanza". Tamén quixo lembrarse da Festa da Rosa que a finais de setembro se celebrou naquel concello, "toda unha demostración da forza do PSdeG nesta provincia, e na que Eva xoga un papel fundamental".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11