Lunes, 13 de Abril de 2026

Actualizada Lunes, 13 de Abril de 2026 a las 21:05:59 horas

Xornal21.es
Martes, 04 de Diciembre de 2018 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Garrote destaca o compromiso do Ministerio de Fomento coa circunvalación de Ponteareas

A actual tenente de alcaldesa mostrouse segura de que a partir de maio “haberá un goberno socialista en Ponteareas”

Este domingo Ponteareas tinguiuse de vermello para lanzar a candidatura da actual tenente de alcaldesa, Chus Garrote, que en maio “será a alcaldesa desta localidade”. Así o asegurou o secretario xeral provincial, David Regades, un dos dirixentes do partido que arroupou á candidata na súa presentación.


Nun acto celebrado na Praza Maior ponteareán a próxima alcaldesa de Ponteareas asegurou que era “un día importante para min, pero tamén para Ponteareas”. “O futuro desta vila está nas nosas mans”, remarcou Garrote baixo unha carpa que protexía ás preto de 200 persoas que quixeron acompañar á candidata.


A próxima alcaldes aproveitou a ocasión para facer un anuncio de calado. “Hoxe quero comunicar aquí unha noticia que sei que están esperando moitas veciñas e veciños: nesta semana que entra o Ministerio de Fomento enviará un convenio para a construción da nova circunvalación de Ponteareas”. A esa medida hai que engadir que o mes próximo empezará a redacción do proxecto de seguridade viaria da N-120 ao seu paso pola localidade.


A actual tenente de alcaldesa denunciou “o legado da dereita” que se atoparon as e os socialistas cando chegaron ao goberno vai facer agora catro anos. “O Concello era un caos”, asegurou Garrote, “pero nestes catro anos conseguimos reverter a situación” poñendo no centro da acción “as políticas sociais: comedores escolares, campamentos de verán, multiplicamos por catro a inversión en igualdade”.


David Regades, pola súa parte, quixo mostrar o apoio “de todo o partido da provincia de Pontevedra” a Garrote. “Podes contar con nós para o que precises, só tes que chamarnos”, asegurou o secretario xeral provincial.


“Nós non gobernamos igual que o Partido Popular, que a dereita”, defendeu Regades, que recordou que na Deputación de Pontevedra cando gobernaba o PP “nin había un servizo de Igualdade nin había presuposto para esa área; con Carmela Silva iso xa non é así”.


Precisamente ao redor da igualdade fixo xirar o seu discurso Carmela Silva, presidenta da Deputación. “É o eixo principal que atravesa todas as políticas que aplicamos desde a institución que presido”, defendeu a socialista, “e sei que Chus Garrote tamén o fai desde o concello”.


“Hai que apostar  pola xente que fai máis grande a Ponteareas. Chus leva loitado moito para que haxa un plan que apoie ao pequeno e mediano comercio desta vila”, continuou Silva. “As que estamos nas administracións locais somos conscientes do enorme poder que ostentamos para cambiar e mellorar a vida da xente, e ese o principal obxectivo das e dos socialistas”.


Pola súa parte, Gonzalo Caballero quixo mostrar o seu apoio ao “próximo alcaldesa de Ponteareas”. “Tes feito unha labor encomiable desde a tenencia de alcaldía, e seguirás a facelo cando ostentes o bastón de mando”, afirmou sen deixar lugar a dúbidas o secretario xeral galego. Caballero mostrouse seguro de que as próximas eleccións municipais “serán o principio do fin de Feijóo como presidente da Xunta de Galicia”. “Hai unha vaga progresista que percorre España e Galicia, e que lidera Pedro Sánchez” como presidente do Goberno.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.