NIGRÁN
Nigrán habilita a primeira wifi pública e gratuíta
Trátase dun proxecto piloto de 'Un Nigrán para todos' que pretende reducir a fenda dixital proporcionando aos veciños conexión a internet de xeito gratuíto
O Concello de Nigrán ven de investir 14.582,34 € na instalación da primeira rede inalámbrica wi-fi gratuíta en catro espazos públicos do municipio xa operativos e convintemente sinalizados. Os lugares seleccionados neste proxecto piloto do goberno nigranés son a Praza do Concello, o parque de A Ramallosa (na contorna do centro da terceira idade), o Pavillón Municipal de Deportes en Panxón e as súas inmediacións e a propia Biblioteca Municipal (o servizo será trasladado á nova cando se inaugure). Trátanse todos eles de lugares onde se concentran habitualmente moitas persoas que demandan datos para desenvolver a súa actividade de ocio ou de estudo e o obxectivo do goberno é ir ampliando localizacións.
"Concibimos o acceso a internet como un dereito máis das persoas. A finalidade é contribuír a reducir a fenda dixital que se produce en moitos fogares que non poden afrontar o custe do servizo. Queremos achegar o uso das novas tecnoloxías, forma parte do noso proxecto global 'Un Nigrán para todos', pero non hai que esquecer que beneficiará tamén aos visitantes", subliña o alcalde, Juan González.
"Concibimos o acceso a internet como un dereito máis das persoas e entendemos as tecnoloxías da información como unha canle para facilitar a vida ás persoas", sinala o alcalde, Juan González
Para acceder a ela, os usuarios deberán rexistrarse previamente a través de correo electrónico, facebook, google+, twitter , sempre con contrasinal. O máximo de conexións simultáneas será de 150, unha vez superada esa cifra as novas solicitudes quedarán en espera ata que estean dispoñibles novamente. Por este motivo, o tempo de navegación estará limitado a unha hora continuada, momento no que o sistema solicitará que o usuario volte a validar a sesión.
A prestación deste servizo wifi conta coas autorizacións pertinentes da Comisión do mercado de telecomunicacións e se acolle as limitacións en canto a tráfico e velocidade dos datos fixados pola mesma dentro da lexislación vixente para Administracións Públicas. O servizo foi instalado pola empresa local 104 Cubes S.L, radicada en Porto do Molle.
Compre sinalar que o Wi-Fi de acceso gratuíto e libre comezou a súa andaina no 2005 en Tallín (Estonia), seguido de Helsinki, Londres, Barcelona... "É unha tendencia imparable, signo de modernidade, á que se irán sumando cada vez máis cidades e pobos, independentemente do seu tamaño", engade González.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217