Sábado, 14 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Martes, 04 de Diciembre de 2018 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Soledad Girón, invita ao PP a "consultar os expedientes de solicitude de subvencións"

"No canto de falar de oídas, a concelleira Soledad Girón convida ao Partido Popular a consultar os expedientes de solicitude de subvencións para plans de emprego á Xunta de Galicia, que se teñen tramitado dende a Concellería de  Emprego do Concello do Porriño" sinalan nun comunicado emitido dende o Concello do Porriño.


“Os expedientes recollen, paso a paso, o seu discorrer na plataforma dixital (Xestiona) e, polo tanto poderán comprobar as accións administrativas que se levaron en cada un deles, dun xeito transparente e obxectivo. Polo tanto, non só teñen o dereito de consulta senón o deber, como membros do pleno da corporación, a facelo” indica Soledad Girón. “Unha vez consultado o expediente, estou segura de que as afirmacións que fan na súa nota de prensa van ser distintas”


Do mesmo xeito, invita ao candidato do PP, Alejandro Lorenzo, "a sumarse á queixa que persoalmente lle fixo esta concelleira ao delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López- Chaves, polo feito de que un concello como O Porriño quedara fóra dos Programas Integrais de Emprego 2018/19 que concede o Goberno galego. Sobre todo, logo do éxito contrastado nun 65% de contratos laborais para as mulleres que participaron (no actualmente finalizado)".


"Pero non so se traballa na procura de contratos laborais, os programas son moito mais. Porque non é de recibo que, logo do éxito acadado e recoñecido pola Administración autonómica, O Porriño non reciba un só euro no presente exercicio. Non só no que atinxe a administración local senón tamén, a outras instancias sociais que o tiñan solicitado e tiveron a mesma sorte co Concello" explica.


"Un concello como O Porriño, cun tecido industrial singular na comunidade autónoma,  ten as características máis favorables para facer política de emprego que teñan éxito e a Xunta decidiu ignorarnos".


“Sería moi bo para as veciñas e veciños  que o PP local fora un pouco rebelde e non aceptara este proceder dos responsables do seu partido na Xunta de Galicia”, afirma a concelleira de emprego.  

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.