Martes, 28 de Abril de 2026

Actualizada Lunes, 27 de Abril de 2026 a las 22:20:53 horas

Xornal21.es
Martes, 04 de Diciembre de 2018 Tiempo de lectura:
TUI

Os Voluntarios de Protección Civil activan novamente esta Agrupación

O pasado sábado en asemblea extraordinaria reactivouse este colectivo nomeando xunta directiva

Unha trintena de persoas constitúen a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil que o pasado sábado celebrou asemblea extraordinaria para a súa reactivación.  Polo momento de forma provisional terán a súa sede na nave municipal en Guillarei, a expensas de que sexa habilitada unha zona específica, segundo informa o concelleiro de Seguridade Cidadá, Antonio Castro Negro.  Na asemblea do pasado sábado procedeuse á baixa daqueles voluntarios que figuraban anteriormente e non querían continuar, e a dar de alta a novas incorporacións. Tamén se nomeou á nova xunta directiva formada por David Ferreira Álvarez, como presidente, Juan Manuel González Estévez, secretario, María Fernanda Abreu Estevez, tesoureira, e Nicolás Francisco Martínez Pazo, Alberto Solleiro Álvarez e Adolfo Pérez Paramos como vogais. Amais o xefe da Agrupación será Manuel Arca Caeiro, e o interlocutor con outras institucións o concelleiro de Seguridade,  Antonio Castro Negro.


As funcións da Asociación de Voluntarios de Protección Civil de Tui serán prestar axuda en diversos eventos, acudir a accidentes baixo mando da Policía Local, excluíndo incendios onde non poderán actuar.


O alcalde, Carlos Vázquez Padín, avanzou amais que de forma paralela foi adxudicado o Plan Municipal de Emerxencia.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.104

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.