TUI
O primeiro Parque Natural de Galicia cumpre 40 anos
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda recorda que ata comezos de xaneiro entidades, institucións e cidadáns poderán presentar alegacións que enriquezan este documento
Medio Ambiente prevé aprobar o vindeiro ano o Plan Reitor de usos e xestión do Parque Natural Monte Aloia
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda prevé aprobar no vindeiro ano o Plan reitor de usos e xestión do Parque Natural Monte Aloia. A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, avanzou este prazo durante a visita a este espazo natural, esta semana, no día que se conmemoraban 40 anos da súa declaración como o parque natural, o primeiro de Galicia.
Tal e como avanzou a conselleira, Monte Aloia conta desde o ano 2009 cun Plan Reitor de Usos e Xestión (PRUX), pero tras case unha década dende a súa aprobación, era necesario actualizado. O proxecto de decreto atópase en período de información pública desde o pasado 19 de novembro; polo que as entidades, institucións e particulares que desexen facer as achegas poderán presentar as súas alegacións ata o 3 de xaneiro.
Defendeu que se trata dun proceso co que se pretende enriquecer o documento, cuxa vixencia será de 6 anos, e establece tres zonas de uso diferenciadas: uso limitado, na que se inclúen as áreas cos principais valores naturais do parque, polo que o seu uso público queda restrinxido; de uso compatible, sometidas a un aproveitamento forestal ordenado de carácter tradicional, compatible coa conservación; e de uso xeral, de aproveitamento para actividades de recreo e lecer.
Outra das novidades que recolle este novo PRUX é o establecemento dun plan de emerxencias, que prevé a optimización de todos os recursos técnicos e humanos dispoñibles no parque. Deste xeito, pódese controlar de forma rápida unha emerxencia e minimizar as súas posibles consecuencias, afirmou a conselleira, quen engadiu que tamén se prevé a axilización dalgúns procedementos, como cortas de arborado dentro do parque.
Unha das novidades que recolle este instrumento é unha nova zonificación, diferenciando zonas de uso limitado, compatible e uso xeral, e o establecemento dun plan de emerxencias, co fin de minimizar posibles consecuencias
Explicou que o PRUX prevé clarificar e sistematizar a normativa existente para poder dotar dunha regulación única a un espazo singular; ao tempo que se compatibiliza cada un dos usos existentes coa conservación da biodiversidade.
Ángeles Vázquez recordou que o Monte Aloia é unha auténtica xoia natural, que agora cumpre 40 anos declarado como parque natural, que só en 2018 recibiu máis de 35.700 visitas, que abrangue máis de 746 hectáreas e que contén 12 tipos de hábitats tipificados como de importancia comunitaria, dos que tres son prioritarios; e tamén conta cunha das poboacións de anfibios máis importantes de Galicia, rexistrando 11 das 14 especies que son coñecidas en Galicia.
Salientou o esforzo do Goberno galego por manter e conservar o patrimonio natural deste enclave, no que no ano 2018 se investiron máis de 330.000 euros, para a realización de campañas de difusión e divulgación dos valores, así como actuacións de restauración e prevención, como a actuación supervisada esta mañá, a restauración do bosque de galería do río Deique.
En definitiva, o Monte Aloia ten uns atractivos paisaxísticos, históricos e naturais que son un síntoma da necesidade de conservar a biodiversidade do Baixo Miño e sobre todo da importancia que ten como motor para o desenvolvemento económico das comarcas nas que se sitúa.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.104