Lunes, 13 de Abril de 2026

Actualizada Lunes, 13 de Abril de 2026 a las 10:40:25 horas

Xornal21.es
Miércoles, 12 de Diciembre de 2018 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Ponteareas sacará a concurso público a concesión da cafetería do centro social

A concellería de Servizos Sociais do concello de Ponteareas que dirixe Manolo Troncoso informa que o concello procederá a sacar a concurso a concesión do servizo de cafetería do centro social da rúa Oriente.


Para garantir a transparencia e a igualdade de oportunidades o goberno convocará un concurso para a explotación da cafetería situada no andar baixo do centro social durante un período de cinco anos prorrogable anualmente de ano en ano por acordo das dúas partes ata un máximo de dous anos.


Nos últimos meses, persoal municipal mantén o centro social aberto en horario de mañá e tarde para que as actividades que habitualmente se desenvolven no centro non se viran alteradas.


O concesionario deberá abrir a cafetería todos os días da semana en diferentes horarios e encargarase sempre de abrir e pechar as portas do centro social ás 07:00 horas e ás 22:00 horas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.