Lunes, 13 de Abril de 2026

Actualizada Lunes, 13 de Abril de 2026 a las 10:40:25 horas

Xornal21.es
Jueves, 13 de Diciembre de 2018 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Ponteareas contará coa oferta do bacharelato de artes no IES Val do Tea para o próximo curso

Belén Villar reuniuse coa conselleira de Educación, Carmen Pomar, para preocuparse por esta antiga reivindicación. “Insistímoslle en que é necesario que se oferte o Bacharelato de Artes en Ponteareas, xa que ten unha alta demanda e informounos que a implantación será no vindeiro curso”

A presidenta e candidata popular, Belén Villar, reuniuse coa conselleira de Educación, Carmen Pomar, para coñecer os avances que se deron para poder oferta o bacharelato de artes no próximo curso nun dos institutos de Ponteareas.

 

“A Consellería de Educación confirmounos que xa existe informe favorable para que no próximo curso se imparta esta modalidade en Ponteareas, en concreto no IES Val do Tea, tal e como solicitaron os directores dos tres institutos de Ponteareas, os membros da comunidade educativa e o Consello Escolar Municipal” informou Belén Villar tras reunirse coa conselleira e o director xeral de Educación.

 

A presidenta popular, Belén Villar, agradece á Xunta que tivese en conta esta petición xa que cumpre cunha antiga demanda do alumnado que era necesaria. “Estamos moi agradecidos á consellería por ter en consideración esta solicitude xa que é un bacharelato que ten unha alta demanda no noso municipio. Ata agora os alumnos tiñan que ir a centros de municipios veciños, como Vigo e Mos. Agora con esta modalidade en Ponteareas pódese atender a todo o alumnado da nosa comarca Condado-Paradanta”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.