Lunes, 27 de Abril de 2026

Actualizada Lunes, 27 de Abril de 2026 a las 18:19:42 horas

Xornal21.es
Lunes, 17 de Diciembre de 2018 Tiempo de lectura:
TUI

En xaneiro comezará un novo curso de Deshabituación Tabáquica en Tui

O prazo de inscrición está aberto ata o 21 deste mes. É preciso contar cun número mínimo de 12 inscritos

O Departamento de Prevención de Drogodependencias do Concello de Tui en colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro, levará a cabo un ano máis un curso de Deshabituación Tabáquica.


Trátase dun programa de axuda específica e personalizada para facer fronte ao complexo proceso de abandono, que brinda apoio técnico, consellos,  compañía e recompensas. Vense celebrando en Tui dende 2010.


O curso consta de 7 sesións cunha duración de hora en media cada unha, impartidas en horario de tarde.  Durante o mes de xaneiro farase unha primeira entrevista coa terapeuta, e xa o curso propiamente dito dará comezo o día 24 de xaneiro na Área Panorámica.


Para impartir o curso é preciso contar cun número mínimo de 12 persoas, e coma máximo con 16. En anos anteriores téñense cuberto todas as prazas, e o 70% dos participantes deixaron de fumar.. As persoas interesadas, que deben ser maiores de 18 anos, pódense inscribir ata o 21 deste mes nas dependencias de Servizos Sociais, no correo paula.ssociais@concellotui.org ou no teléfono 986 60 36 25.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.122

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.