GALICIA
O proxecto Concellos Activos do Plan Galicia Saudable busca unha poboación máis activa
Na xuntanza participaron 24 responsables e técnicos de 16 concellos de Galicia -Ames (A Coruña), Baiona (Pontevedra), Boiro (A Coruña), Camariñas (A Coruña), Cangas (Pontevedra), O Carballiño (Ourense), Cee (A Coruña), Celanova (Ourense), Cervo (Lugo), Dumbría (A Coruña), Mondoñedo (Lugo), Narón (A Coruña), Ourense, Pontevedra, Sanxenxo (Pontevedra), Xinzo (Ourense)- e mais un técnico da FEGAMP
A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, presentou a semana pasada na Escola Galega de Administración Pública a I convocatoria e posta en marcha do proxecto Concellos Activos, realizado ao abeiro do Plan Galego para o Fomento da Actividade Física, Galicia Saudable, que conta co obxectivo de facer fronte ao aumento das mortes, enfermidades e perda de saúde provocadas polo sedentarismo e a práctica insuficiente de actividade física.
A xuntanza na que participaron 24 responsables e técnicos de 16 concellos de Galicia -Ames (A Coruña), Baiona (Pontevedra), Boiro (A Coruña), Camariñas (A Coruña), Cangas (Pontevedra), O Carballiño (Ourense), Cee (A Coruña), Celanova (Ourense), Cervo (Lugo), Dumbría (A Coruña), Mondoñedo (Lugo), Narón (A Coruña), Ourense, Pontevedra, Sanxenxo (Pontevedra), Xinzo (Ourense)- e mais un técnico da FEGAMP, serviu para comezar a construír “un modelo de actuación centrado no concello, o máis realista, áxil e frutífero posible”. Segundo a secretaria xeral, o obxectivo desta colaboración é “deseñar un plan de actuación baseado nas necesidades e as capacidades de cada concello, coa axuda e o apoio da Xunta”. “Pretendemos deseñar, mediante unha metodoloxía colaborativa na que os concellos teñades unha voz valiosa, un modelo de intervención comunitaria para xerar estilos de vida activos e saudables para todos os galegos e galegas e para todas as idades e condicións”, continuou.
Marta Míguez solicitou aos responsables locais que “crean no deporte como ferramenta esencial para chegar á sociedade no seu conxunto, que traballen con ilusión polo deporte en todas as súas versións, que o acheguen a todos os espazos e a todos os ámbitos”.
Neste sentido, a responsable do Deporte galego sinalou que para acadar “os obxectivos aprobados no deseño orixinal do plan, que os galegos e as galegas sexan máis activos e máis saudables” e coa intención de chegar ao 100% da poboación, “é imprescindible a participación activa dos concellos en cada un dos diferentes ámbitos de actuación do Plan”. “Cada concello é o principal espazo de convivencia e de relacións da maioría das persoas e entidades e as decisións que se toman no ámbito local teñen unha enorme repercusión nos estilos de vida dos seus veciños”, engadiu.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49