Sábado, 14 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 13 de Diciembre de 2018 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Carmen Leiras, a avoa do Porriño, celebra os seus 107 anos en familia

A avoa centenaria de Mosende soplou onte as velas rodeada dos seus. M. Alejandro Lorenzo celebrou con Carmen o seu aniversario e obsequiouna cun fermoso ramo de flores

Cumprir máis dun século de vida e facelo ao calor dos teus é un feito sen dúbida para celebrar por todo o alto. Ese é o caso da veciña de Mosende, Carmen Leiras Carrera, que onte soplou as 107 velas rodeada de todos os seus seres queridos.

 

Con motivo do seu cumpreanos a súa familia organizou unha gran festa que foi toda unha sorpresa para ela. Vestindo as súas mellores galas, lucindo un fermoso broche confeccionado por ela mesma e ese brillo nos ollos de quen se sabe querida, Carmen, quen a pesar da súa avanzada idade goza dunha saúde envidiable, festexou toda unha vida. Xunto a ela estaban os seus dous fillos, Pepe e Juan, as súas noras, netos bisnetos e sobriños, as súas coidadoras e tamén o presidente dos populares do Porriño, M. Alejandro Lorenzo, que celebrou con Carmen o seu aniversario e obsequiouna cun ramo de flores.

 

Tal e como relatan os seus fillos, Carmen é unha muller traballadora, con moitísimo carácter e unha loitadora incansable. Orixinaria da parroquia de Mosende, onde naceu un 12 de decembro de 1911, formou a súa familia xunto a José Iglesias Alonso e adicouse a ela toda a súa vida. Nesta data tan sinalada, quixeron demostrarlle como sempre o seu agradecemento polo seu agarimo, tesón e coidados.

 

"Ver a emoción nos ollos de Carmen ao ter a toda a súa xente reunida en torno a ela é algo impagable", apuntou Lorenzo, "E unha verdadeira honra poder compartir momentos con persoas como Carmen que representan a esa xeración á que tanto temos que agradecer, os seus moitos valores, o seu arduo traballo durante moitos anos para construir o que hoxe temos e como foron quen de sair adiante con moito sacrificio e esforzo. Os nosos maiores son o noso ben máis preciado e poder disfrutar da súa compañía non ten prezo".

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.