Lunes, 27 de Abril de 2026

Actualizada Lunes, 27 de Abril de 2026 a las 19:57:34 horas

Xornal21.es
Jueves, 13 de Diciembre de 2018 Tiempo de lectura:
TUI

Hoxe comezaron os traballos de demolición da pirotecnia de Baldráns

O xuíz ampliou ata o 15 de xaneiro o prazo para completar a execución da sentenza

No día de hoxe comezaron os traballos de demolición das instalacións da Pirotecnia La Gallega en Baldráns, dando así cumprimento a sentenza do Xulgado do Contencioso Administrativo de Pontevedra.  


O inicio dos traballos de demolición tiveron que agardar ata o remate do desaloxo do material explosivo, 2.800 quilos, que aínda había no interior das instalacións e que concluíu na fin de semana por parte dos TEDAX e de Intervención de Armas da Garda Civil.


O concello mentres tanto contaba xa tanto cos informes favorables do ISSGA para a retirada do amianto, que se realizou no día de hoxe, como coa empresa que se encarga da demolición. En concreto se trata de 25 casetas as que teñen que ser demolidas.


O alcalde, Carlos Vázquez Padín, agarda que estes traballos poidan estar rematados antes de que finalice o ano, aínda que nun novo auto o xuíz amplía ata o 15 de xaneiro o prazo para executar a sentenza.


Por outra parte o rexedor quere agradecer o auto do xuíz que atribuía aos TEDAX e a Garda Civil a responsabilidade de realizar o desaloxo das instalacións. Así coma tamén a estes corpos polo traballo realizado.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.122

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.