Miércoles, 04 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Domingo, 16 de Diciembre de 2018 Tiempo de lectura:
MOS

Unha nova empresa elixe Mos para asentarse

A antiga nave de Maderas Iglesias acolle agora os departamentos de almacén e enxeñería do Grupo Meifus Industrial

O Vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, asistiu esta semana á inauguración das instalacións da empresa Randrade, pertencente ao Grupo Meifus, en Mos; concretamente na antiga nave de Maderas Iglesias sita en Sanguiñeda,


O Vicepresidente da Xunta estivo acompañado polo delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, e pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo. A rexedora local mosense dirixiulle unhas palabras ao equipo de Meifus Industrial no inicio da súa andadura mosense dicíndolles que “dende Mos felicitarvos por ser capaces de reinventarvos e de estar hoxe aquí ofertando un servizo industrial moi interesante”.


Ademais dos representantes autonómicos e municipais, estiveron presentes no acto José Ramón Suárez, Director Comercial de Randrade, Isidro Hermida, Director de Randrade e Enrique M. Mallón, Secretario Xeral de ASIME.


O Grupo Meifus, cun total de 70 traballadores, máis os que traballan para o Grupo de xeito indirecto, e adícase a 3 actividades: almacén, fabricación seriada e enxeñería. A fabricación seriada, que concentra a 35 dos 70 traballadores, está externalizada da nave de Mos, mentres que as actividades de almacén e enxeñería realízanse íntegramente nas dependencias mosenses. En almacén traballan 15 persoas e en enxeñería 20 persoas.
O Grupo Meifus está integrado por máis de 20 empresas nacionais e internacionais. O seu accionista principal é Isaac Álvarez. Adícanse fundamentalmente a tratamento e venta de productos férricos e non férricos, fabricación de máquinas e prototipado, e manipulados e montaxes manuais para o sector do automóbil.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.108

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.