Miércoles, 04 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 14 de Diciembre de 2018 Tiempo de lectura:
MOS

Pleno Infantil sobre medio ambiente, dereitos da infancia e ‘deberes’ no Pazo de Mos

63 alumnos/as dos colexios de Atín, Petelos e Castro-Mos participaron nesta iniciativa promovida e organizada polo Concello

Esta mañá celebrouse un Pleno Infantil no Pazo de Mos no que participou alumnado de tres colexios mosenses: Mestre Martínez Alonso, Atín-Cela e Petelos.

 

Na orde do día tratáronse os puntos de resolucións de alcaldía, comunicacións de alcaldía, tres mocións e rogos e preguntas.

 

Os/as alumnos/as distribuíronse en grupo de goberno e dous grupos da oposición. O equipo de goberno formouno o alumnado do CEIP Mestre Martínez Alonso e os grupos da oposición foron o CEIP de Atín e o CEIP de Petelos.

 

Cada un dos tres grupos presentou unha moción en Pleno. A moción do grupo de goberno CEIP Mestre Martínez Alonso foi a titulada “Os dereitos dos/as nenos/as”, a moción do grupo da oposición CEIP Atín tratou sobre o “Medio ambiente” e a moción do grupo da oposición CEIP Petelos abordou o tema “As tarefas son precisas?”.

 

Nesta actividade participaron un total de 63 nenos/as: 12 alumnos/as de 6º de Primaria co CEIP de Petelos, 22 alumnos/as de 6º de Primaria co CEIP de Atín-Cela, e 29 alumnos/as de 6º de Primaria co CEIP de Castro-Mos, Mestre Martínez Alonso.

 

Tamén estiveron presentes a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro de Educación, Camilo Augusto, e os tamén edís mosenses Julia Loureiro, Sara Cebreiro, Óscar Soto e Cándido Pérez.

 

Decembro é un mes cheo de festividades. Unha delas, o Día da Constitución e festivo nacional, que conmemora a celebración do referéndum de 1978 na que se aproba a Constitución Española que se atopa vixente na actualidade. Tamén temos a semana na que se celebra o Estatuto de Galicia, do 3 ao 7 de decembro. En relación con estas conmemoracións e tendo en conta ademais a celebración do día 20 de novembro (Día Internacional dos Dereitos do Neno), o Concello de Mos considera importante traballar co alumnado do mesmo a importancia das reunións plenarias, que se celebran en cada concello periodicamente.

 

O obxectivo é que o alumnado coñeza dunha maneira máis clara e participativa o funcionamento dos distintos órganos de goberno,  as funcións e a sala de Plenos do Pazo. Conseguimos así un acercamento da administración ao colectivo escolar. Traballar estes aspectos, crean no alumnado unha conciencia crítica e unha visión máis obxectiva e real do que é a xestión municipal, no día a día.  

 

Preténdese con esta iniciativa que o alumnado mosense poida coñecer as dependencias e funcionamento das sesións plenarias do Concello de Mos, aprender de forma diferente, potenciando a argumentación e o razoamento, observar e coñecer aspectos básicos de conversación e razoamento: diálogo, debate, organización dos puntos a tratar no Pleno; traballar cooperativamente con alumnado doutros centros educativos do Concello de Mos, fortalecer o pensamento lóxico e motivar ós alumnos a través dunha experiencia real e práctica.

 

Foron a  alcaldesa, os concelleiros e concelleiras, secretaria e interventor municipais os primeiros en expoñer a súa función ao alumnado, a organización e convocatoria do Pleno, orde do día, presentación dunha moción, e rogos e preguntas.

 

Posteriormente foi o alumnado elixido de cada centro escolar (en proporción ao número do alumnado de cada centro) os encargados levar a cabo o Pleno Infantil cos temas que se lle propoñían e as funcións propias dos membros do Pleno (secretario/a, interventor/a, goberno, oposición…).

 

O CEIP Mestre Martínez Alonso, elixiu entre os 29 alumnos/as, 9 que os representaron e foron o grupo de goberno. O CEIP Petelos, elixiu entre os 12 alumnos/as, 4 que os representaron e foron oposición. O CEIP Atín, elexiu entre os 22 alumnos/as, a 6  dos cales 4 foron oposición, 1 fixo a función do secretario/a e outro/a foi o/a interventor.


 
De forma activa e participativa, o alumnado expuxo o tema a defender, facendo unha xustificación completa que deu lugar a debate e intervención por parte dos portavoces dos outros grupos.


 
Na moción sobre “Medio ambiente” o grupo que defendeu este tema solicitou máis instalacións de papeleiras e contedores de reciclaxe e que a recollida deste lixo se faga con máis frecuencia, así como, posibles maneiras de aforrar plástico e papel.

 

Na moción sobre os “Dereitos dos/as nenos/as” centráronse en defender o seu dereito a opinar e a que esa opinión, de acordo coa súa idade e madurez, sexa tida en conta cando as persoas adultas vaian a tomar unha decisión que lles afecte, o seu dereito a expresar libremente as súas opinións, a recibir e difundir informacións e ideas de todo tipo, sempre que non vaian en contra dos dereitos doutras persoas e o seu dereito ao xogo, ao descanso, ao ocio e ás actividades recreativas e culturais.

 

E na moción sobre se “As tarefas son precisas” centráronse en defender as tarefas escolares, que estas son necesarias xa que aumentan os bos resultados académicos.

 

Cada centro defendeu un dos tres temas e tivo a oportunidade de manifestarse a favor ou en contra das propostas dos outros dous e leváronse a votación.

 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.