Jueves, 12 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 15 de Diciembre de 2018 Tiempo de lectura:
Provincia

Tino Fernández: “quero gobernar para reducir as desigualdades en Pontevedra”

“O alcalde viaxa polo mundo ensinando fotos do centro da cidade mentres mantén as parroquias e os barrios abandonados”, denuncia o candidato socialista á alcaldía

As e os socialistas da capital da provincia reuníronse este venres para presentar a Tino Fernández como candidato á alcaldía de Pontevedra, onda xa é portavoz do grupo municipal. O socialista quere acadar o bastón de mando “para reducir as desigualdades en Pontevedra”.

 

“O alcalde viaxa polo mundo ensinando fotos do centro da cidade mentres mantén as parroquias e os barrios abandonados”, denuncia o futuro alcalde socialista da cidade. “Pontevedra é algo máis que a améndoa central da que tanto presume Lores; hai que atender tamén aos veciños que non viven en Benito Corbal ou na zona vella”.

 

Fernández fixo unha pequena introdución ao que serán as apostas do seu principal goberno, centrado en mellorar problemas como a mobilidade, o transporte público ou a redacción e aprobación dun novo PXOM. “Hai que traballar en que o modelo de cidade chegue a todas e todos”.

 

Así mesmo, tamén fixo tamén dúas propostas relacionadas coa sanidade: a primeira delas é a implantación de dúas vías sanitarias libres de lombos redutores de velocidade, una ao sur e outra ao norte, para facilitar o acceso en ambulancia ao hospital de Montecelo; a segunda, o “compromiso firme para que o aparcamento deste hospital sexa gratuíto, algo ao que se opuxeron tanto o BNG como o PP”.

 

David Regades, pola súa parte, quixo mostrar o apoio “de todo o partido da provincia de Pontevedra” a Fernández. “Podes contar con nós para o que precises, só tes que chamarnos”, asegurou o secretario xeral provincial.

 

“Nós non gobernamos igual que o Partido Popular, que a dereita”, defendeu Regades, que recordou que na Deputación de Pontevedra cando gobernaba o PP “nin había un servizo de Igualdade nin había presuposto para esa área; con Carmela Silva iso xa non é así”. “Estou seguro de que Tino será o próximo alcalde de Pontevedra, e que con el á fronte Pontevedra medrará como cidade”, aseguro o secretario xeral, que quixo despedir a súa intervención dedicándolle un poema de Mario Benedetti.

 

Precisamente ao redor da igualdade fixo xirar o seu discurso Carmela Silva, presidenta da Deputación. “É o eixo principal que atravesa todas as políticas que aplicamos desde a institución que presido”, defendeu a socialista. “A democracia, o socialismo, é a loita pola igualdade”.

 

“Tino está a facer un gran traballo no Concello, leva loitado moito para que Pontevedra sexa algo máis que a cidade que aparece nas fotos que ensina Lores”, asegurou Silva. “As que estamos nas administracións locais somos conscientes do enorme poder que ostentamos para cambiar e mellorar a vida da xente, e ese o principal obxectivo das e dos socialistas”.

 

Pola súa parte, Gonzalo Caballero quixo mostrar o seu apoio ao “próximo alcalde de Pontevedra”. “O proxecto socialista está medrando tanto en España como en Galicia”, afirmou sen deixar lugar a dúbidas o secretario xeral galego, que se mostrou seguro de que as próximas eleccións municipais “serán o principio do fin de Feijóo como presidente da Xunta de Galicia”. “Hai unha vaga progresista que percorre España e Galicia, e que lidera Pedro Sánchez” como presidente do Goberno.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.