Miércoles, 04 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 16 de Diciembre de 2018 Tiempo de lectura:
Mos

Gañamos denuncia “recortes” no orzamento 2019

O grupo municipal GañaMós asegura estar “moi preocupado polos prexuízos que van causar os grandes recortes efectuados no Orzamento de 2019 polo Partido Popular”.

 

Aseguran que “estos recortes de case 1 millón de euros son obrigados polo novo Plan de Axuste Económico para intentar sacar ao Concello de Mos da ruína económica onde nos meteu o goberno de Arévalo pero non é de recibo que estos recortes se concentren en Educación e Benestar Social mentres se manteñen case intactas as partidas para propaganda, festexos e demais saraos onde soan os flashes electoralistas”.

 

Segundo gañamos “a partida de Benestar Social sufre un recorte de 139.000€, desaparecen programas como a colaboración con Asomamos ou o programa Familia. Algo tan importante como a axuda a Dependencia, un pilar básico do noso benestar social, sofre un recorte de 33.800€. Estás cifras poden parecer menores pero para un Concello pequeno coma Mos representan un drástico recorte que vai a repercutir na calidade de vida de moitas veciñas e veciños de Mos convertíndose en un drama para as familias máis necesitadas”.

 

A outra partida –segundo explican dende Gañamos- é a de “Educación cunha baixada interanual de 125.378€”.  

 

“Dos recortes en Educación o que máis nos preocupa é o que se realiza en limpeza e mantenemento, un recorte que ascende a 22.500€” aseguran nun comunicado de prensa emitido por Cristobal López e Román González.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.108

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.