Provincia
Cirrios e morcegos volverán ao Castelo de Sobroso
A Deputación de Pontevedra impulsa esta actuación coa asistencia técnica de SEO BirdLife que instalará niños para favorecer a recuperación das súas colonias na zona
Imaxe dunha caixa-niño para morcegos
Os cirrios, que están experimentando un decrecemento da súa poboación en todo o continente europeo, e os morcegos poderán retornar ao Castelo de Sobroso tras a instalación de niños artificiais en distintos puntos da edificación. Esta iniciativa, impulsada pola Deputación de Pontevedra, ten por obxectivo favorecer a formación de colonias destas dúas especies, conservar a biodiversidade e poñer en valor do patrimonio histórico e natural da provincia. A actuación, que contou coa asistencia técnica da Sociedade Española de Ornitoloxía (SEO BirdLife), xurdiu pola necesidade de repoñer os ocos para aniñar que se perderon no entorno do castelo.
A actuación para recuperar as colonias de cirrios e morcegos no entorno de Sobroso consistiu na colocación de caixas-niño para cada unha destas especies. No primeiro caso, procedeuse á instalación de oito refuxios (dous deles na torre e seis na fachada principal) con capacidade para 16 niños. O material empregado é de gran durabilidade e un dos máis recomendados por distintas asociacións conservacionistas de aves. Así mesmo, o modelo en cuña adáptase ás características do lugar de colocación e reduce o impacto visual dende o exterior do castelo. Con respecto aos morcegos, procedeuse á instalación de dúas caixas de madeira no tiro da cheminea da torre pola que acceden actualmente á edificación.
Cirrios e morcegos, xunto a outras especies, atopan nos edificios históricos un lugar ideal de residencia, especialmente nos ocos e saíntes das construcións máis antigas. Porén, os cambios nas estruturas de ditas edificacións poden provocar a desaparición das colonias de aves que aniñan en ditos lugares, ou dos morcegos que habitan neles. Segundo SEO BirdLife, é preciso compensar a perda destes niños no Castelo de Sobroso para protexer a fauna local.
Imaxe dunha caixa-niño para morcegosOs cirrios, que están experimentando un decrecemento da súa poboación en todo o continente europeo, e os morcegos poderán retornar ao Castelo de Sobroso tras a instalación de niños artificiais en distintos puntos da edificación. Esta iniciativa, impulsada pola Deputación de Pontevedra, ten por obxectivo favorecer a formación de colonias destas dúas especies, conservar a biodiversidade e poñer en valor do patrimonio histórico e natural da provincia. A actuación, que contou coa asistencia técnica da Sociedade Española de Ornitoloxía (SEO BirdLife), xurdiu pola necesidade de repoñer os ocos para aniñar que se perderon no entorno do castelo.
A actuación para recuperar as colonias de cirrios e morcegos no entorno de Sobroso consistiu na colocación de caixas-niño para cada unha destas especies. No primeiro caso, procedeuse á instalación de oito refuxios (dous deles na torre e seis na fachada principal) con capacidade para 16 niños. O material empregado é de gran durabilidade e un dos máis recomendados por distintas asociacións conservacionistas de aves. Así mesmo, o modelo en cuña adáptase ás características do lugar de colocación e reduce o impacto visual dende o exterior do castelo. Con respecto aos morcegos, procedeuse á instalación de dúas caixas de madeira no tiro da cheminea da torre pola que acceden actualmente á edificación.
Cirrios e morcegos, xunto a outras especies, atopan nos edificios históricos un lugar ideal de residencia, especialmente nos ocos e saíntes das construcións máis antigas. Porén, os cambios nas estruturas de ditas edificacións poden provocar a desaparición das colonias de aves que aniñan en ditos lugares, ou dos morcegos que habitan neles. Segundo SEO BirdLife, é preciso compensar a perda destes niños no Castelo de Sobroso para protexer a fauna local.


































Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218