GALICIA
Consumo reforza os controis de seguridade de xoguetes e outros produtos de cara ás compras do Nadal
O Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC), dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria, ten en marcha unha nova edición da campaña Infonadal Consumo, que ten por obxectivo garantir a seguridade dos produtos que están á venda e protexer os dereitos dos consumidores de cara ás compras de Nadal.
A través desta iniciativa, refórzanse as actuacións de control do mercado que realizan durante todo o ano de xeito coordinado a inspección de Consumo e o Laboratorio de Consumo de Galicia. Ao mesmo tempo, achégase información e formación en materia de consumo responsable pensada de xeito especial para estas datas a través da Escola Galega de Consumo, que está a celebrar charlas participativas nas que está prevista a participación de máis de 1.500 persoas, principalmente alumnado dos centros educativos, organizacións de consumidores e outros colectivos.
Consellos para mercar os xoguetes
Á hora de mercar os xoguetes, o IGCC resalta unha serie de consellos para garantir a seguridade e a idoneidade dos mesmos. Así, resulta fundamental comprobar que sexan axeitados á idade e ás habilidades físicas do neno, e asegurarse de que dispoñen do marcado CE. Tamén hai que comprobar que na etiqueta figura o nome e o enderezo do responsable do produto, ler as instrucións de manexo e as advertencias, e constatar que a etiqueta e as instrucións están polo menos en castelán. Ademais, débese asegurar que non teñan bordes cortantes, e que os xoguetes eléctricos non teñan fontes de alimentación de máis de 24 voltios.
En xeral para as compras destas datas, recoméndase elaborar un presuposto coa cantidade dispoñible para gastar, comprar con antelación ou facer un uso responsable das tarxetas de crédito.
Tamén se recomenda esixir e conservar o tícket ou factura, atender de forma reflexiva a información publicitaria, e poñer atención á información que figura na etiquetaxe dos produtos, especialmente á que se refire a datas de consumo, conservación e instrucións de uso.
No tocante ás compras por Internet, hai que elixir sempre formas de pagamento seguras, xa sexa por transferencia, tarxeta ou a través de plataformas especializadas, e en calquera caso, comprobar se ao inicio da barra de direccións aparece “https”, o que indica que a páxina está a utilizar unha conexión segura. Entre outros consellos, tamén se recomenda escoller en primeiro lugar aqueles establecementos que exhiben estar adheridos ao Sistema Arbitral de Consumo, pois en caso de ter que reclamar poderá resolver o conflito de forma rápida e gratuíta.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49