Sábado, 20 de Junio de 2026

Actualizada Viernes, 19 de Junio de 2026 a las 21:04:38 horas

Xornal21.es
Domingo, 23 de Diciembre de 2018 Tiempo de lectura:
MOTOR

O equipo “Petronas de Rooy Iveco” listo para competir no rallie máis duro do mundo

Os preparativos para a 41ª edición do rallie máis extremo do mundo, o Dakar, están en marcha e os competidores xa puxeron rumbo cara a Perú. Durante os últimos días completáronse as verificacións na Haia e os vehículos embarcaron para o seu transporte ao país no que se celebrará o Dakar 2019. Cos dous pilotos gañadores, Gerard De Rooy e Federico Villagra, o equipo “PETRONAS De Rooy IVECO” está máis forte que nunca. IVECO tratará de repetir as vitorias do ano pasado na África Eco Race e nas edicións 2012 e 2016 no Dakar.


O equipo “PETRONAS De Rooy IVECO” enfrontarase aos terreos máis extremos con catro IVECO Powerstar. Por noveno ano consecutivo, IVECO será o patrocinador oficial do equipo “PETRONAS De Rooy IVECO” e proveralle de vehículos, motores e recambios. O líder do equipo Gerard De Rooy competirá ao volante do IVECO Powerstar que lle deu a vitoria na edición 2018 da África Eco Race. O seu vehículo e os outros tres Powerstar do equipo contan con motores Cursor 13 de ata 1000 CV, desenvoltos por FPT Industrial, a marca de motores de CNH Industrial.


Na súa 41ª edición, a undécima en Sudamérica, o Dakar 2019 disputarase integramente en chan peruano, cun novo percorrido con saída e chegada na capital do país, Lima. Os competidores do  rallie enfrontaranse a dez duras etapas e percorrerán 5.000 quilómetros. Ao redor do 70% da proba disputarase sobre area, o que xogará un papel decisivo no resultado e en como afrontan a carreira os pilotos.


Pierre Lahutte, Presidente mundial da marca IVECO, comentou: "Temos ganas de poñer os nosos vehículos a proba no rallie máis duro do mundo, probando unha vez máis a fiabilidade e calidade fóra de serie dos vehículos off- road de IVECO. Federico Villagra unirase por primeira vez co campión Gerard De Rooy para liderar aos catro equipos de IVECO. Este ano competiremos cun equipo excepcionalmente forte: dous pilotos de primeira clase, que competiron ao máximo nivel da categoría de forma consistente, e dous pilotos moi experimentados, Ton Van Genugten e Maurik Van Dean Heuvel, completan o equipo. Quixese expresar noso aprecio pola súa determinación, e a nosa confianza na súa capacidade para conseguir máis logros excepcionais nesta próxima carreira."


Gerard De Rooy, vencedor do Dakar en 2012 e 2016, buscará repetir a vitoria ao volante dun IVECO Powerstar Evo 3 -número de vehículo 503- co seu copiloto Moi Torrallardona. O mecánico Darek Rodewald tamén estará presente a bordo do Powerstar, proporcionando apoio técnico durante o evento.


Federico Villagra, buscará terminar no podio ao volante do segundo IVECO Powerstar Evo 3 -número de vehículo 505- co copiloto Ricardo Torlaschi e o mecánico Adrian Yacopini.


Anton van Genugten, gañador de catro etapas e o piloto máis exitoso na edición 2019 do Dakar, estará ao volante do terceiro Powerstar Evo 2 -número 509- co copiloto Bernardus Der Kinderen e o mecánico Peter Willemsen.


Maurik Van Dean Heuvel, recentemente chegado ao equipo “PETRONAS De Rooy IVECO”, terminou consistentemente entre os 10 primeiros en carreiras anteriores. Conducirá o cuarto Powerstar Evo 2 (número 513) como asistencia rápida na carreira co copiloto Peter Kuijpers e o mecánico Martijn Van Rooij.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.175

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.