Sábado, 20 de Junio de 2026

Actualizada Viernes, 19 de Junio de 2026 a las 21:04:38 horas

Xornal21.es
Martes, 25 de Diciembre de 2018 Tiempo de lectura:
MOTOR

Lexus UX 250 h: de prototipo con deseño radical a rechamante crossover

Está dispoñible en España en todos os Centros Autorizados Lexus de Península e Baleares a partir de 33.900€

O primeiro sinal de que Lexus ía entrar no competitivo mercado de crossovers compactos chegou no Salón do Automóbil de París 2016, co lanzamento do prototipo  UX: un estudo de deseño radical que combina unha liña de tipo  coupe coa imaxe robusta dun resistente todocamino.


O prototipo UX foi desenvolto no centro de deseño ED2 de Lexus no sur de Francia: “A misión era crear un novo xénero de crossover; un vehículo que evolucionase xunto cos seus propietarios e crease algo realmente singular. Analizamos ideas de moitas fontes distintas, pero a inspiración principal xurdiu do lema ‘Seguro E ADEMAIS áxil’”, explicou Stephan Rasmussen, deseñador de exterior no ED2.


O prototipo UX subliñou a intención de Lexus de atraer a un grupo cada vez maior de clientes urbanos máis novos e intensamente conectados: “Prestamos unha especial atención ao aspecto  antropocéntrico do deseño. A partir dun estilo arquitectónico xaponés denominado ‘engawa’, desenvolvemos unha potente simbiose entre o exterior e o interior do vehículo”, dixo Alexandre  Gommier, deseñador de interior no ED2.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.175

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.