GALICIA
Nova convocatoria de axudas para a adquisición de taxis adaptados a persoas con mobilidade reducida
Desde a posta en marcha do programa, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade concedeu 132 axudas para a adquisición destes vehículos
O A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de publicar esta semana no Diario Oficial de Galicia (DOG) unha nova convocatoria de concesión de axudas para a adquisición de vehículos taxis adaptados a persoas con mobilidade reducida (Eurotaxi) para o exercicio 2019, cun investimento de 250.000 euros.
Desde o 2016, ano no que a consellería pon en marcha este programa, se concederon 132 axudas para a adquisición de taxis adaptados a persoas con mobilidade reducida.
Na convocatoria se sinala que a cuantía desta axudas por vehículo é de 10.000 euros, sendo obxecto de subvención os vehículos novos que se adquiran entre o 16 de outubro de 2018 e a data establecida nesta orde para xustificar a axuda.
As solicitudes presentaranse por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta, https://sede.xunta.gal. O prazo de presentación comezará o día 2 de xaneiro de 2019 e rematará o día 13 de outubro do mesmo ano, ou ata esgotar o crédito dispoñible.
Poden beneficiarse das axudas as persoas físicas titulares de autorizacións administrativas de transporte vixentes
Poderán beneficiarse destas axudas as persoas físicas titulares de autorizacións administrativas de transporte vixentes, documentadas en tarxetas da serie VT-N, expedidas pola Dirección Xeral de Mobilidade. Por outra parte, antes do 1 de xullo de 2020 o beneficiario deberá realizar a adscrición do vehículo á autorización de taxi e comezar a prestar o servizo co mesmo.
Con cargo a esta orde será subvencionable a adquisición de vehículos que deben estar adaptados para o seu uso por persoas con mobilidade reducida, reunindo as condicións previstas no Real Decreto 1544/2007, do 23 de novembro, polo que se regulan os requisitos básicos de accesibilidade e non discriminación para o acceso e a utilización dos modos de transporte para persoas con discapacidade.
Para ampliar a información relativa a estas axudas pode consultarse o DOG a través do seguinte enlace https: https://bit.ly/2Chwtfr .
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade segue a impulsar a implantación progresiva de vehículos adaptados e accesibles para a prestación do servizo de taxi, xa que ademais de contribuír a incrementar a competitividade do sector e ao fomento do emprego neste colectivo, tamén se lle facilita un pouco a vida ás persoas con mobilidade reducida, avanzando nese grande obxectivo da Xunta que é acadar a inclusión plena das persoas con discapacidade.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49