PROVINCIA
Tui pechará o venres o Plan Concellos 2018 con dúas últimas achegas da Deputación por máis de 120.000€
Con estes investimentos, a Deputación financiará a restauración do xardín da alameda e o cambio de base nunha escultura da Glorieta de Vigo
O deputado de Cooperación, Carlos López Font, confirmou que o concello de Tui pechará este próximo venres o Plan Concellos da Deputación de Pontevedra coa aprobación das dúas últimas achegas por un total de 122.234,17 euros. Neste ano 2018 o goberno de Carmela Silva puxo a disposición do concello de Tui un total de 1.769.637,16 euros, un 76,35% máis que no 2017.
Máis polo miúdo, a Deputación aprobará, por resolución presidencial, unha achega de 51.707,29 euros para que o concello de Tui poida levar a cabo a substitución da base da escultura ecuestre situada na Glorieta de Vigo. Pola súa banda, este venres, en Xunta de Goberno, a institución provincial tamén aprobará unha última achega de 70.526,88 euros grazas a cal Tui poderá restaurar o xardín histórico da alameda.
Anteriormente a vila do Baixo Miño xa recibira a través da Liña 1 de investimentos financiación para a elaboración de cartografía Six, ortofoto dixital e rede topográfica do concello; a área recreativa no C.R.A. Bornetas; o proxecto de reactivación patrimonial “Rec-Tui”; a mellora dos vestiarios no polideportivo municipal (vello); a construción da nave industrial para crear un garaxe de camións de recollida do lixo; a separación de augas pluviais e reparación de beirarrúas na estrada de Baiona; a mellora das pistas de tenis municipais en Areas-Tui; a substitución da cuberta na nave de maquinaria do concello; a área lúdico recreativa no CEIP Rebordonas, a mellora do camiño de acceso á Malladoura, e a área recreativa no CRA Bornetas.
No que corresponde á liña 2, a Deputación adxudicou 44.577,61 € á vila. Finalmentem o goberno provincial financiou con 231.474,36 € a contratación de 20 traballadoras e traballadores que están a desempeñar funcións no concello, dentro da liña 3 de emprego.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218