MOS
Arévalo pídelle ao alcalde de Vigo "seriedade e responsabilidade no deslinde do Rebullón"
O Concello de Mos ten competencias para iniciar a Comisión de Deslinde e estao a facer seguindo os trámites legalmente establecidos pola normativa vixente
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, informa de que o Concello de Mos proporá a aprobación polo Pleno da Corporación Municipal mosense na sesión ordinaria do presente mes de decembro a convocatoria da Comisión de Deslinde con Vigo na zona do Rebullón o día 10 de xaneiro de 2019 ás 13.00 horas.
A rexedora local anunciou que, de non persoarse na mesma o Concello de Vigo, a administración local mosense trasladará a continuación do expediente aos órganos autonómico e estatal competentes.
Así mesmo Arévalo remitiulle hoxe unha carta ao seu homólogo vigués na que lle pide seriedade e responsabilidade neste tema, de gran interese e importancia para ambos municipios.
A misiva vai acompañada de Informe da Secretaría Municipal, no que se detallan os pasos dados polo Concello de Mos no procedemento administrativo de deslinde na zona do Rebullón e no que se aclara a necesidade de que o Concello de Vigo fixe a composición da súa comisión para poder realizar sobre o terreo as operacións de deslinde pertinentes coa presenza de sendas comisións de deslinde: a mosense e a viguesa.
O Informe de Secretaría clarifica que os trámites seguidos polo Concello de Mos neste proceso son os legalmente establecidos pola normativa vixente e que, por suposto, a administración local mosense ten as competencias para inicialos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.108