PONTEAREAS
Caixabank de Ponteareas colabora coa asociación Adapta para comprar material informático
A directora da oficina Caixabank de Ponteareas fixo entrega de 1.500 euros que se destinarán á compra dunha impresora, un portátil e un proxector
A semana pasada, a Asociación de Persoas con Discapacidade das Comarcas do Condado e Paradanta (Adapta) recibiu a visita da directora da oficina de Caixabank de Ponteareas, Ana Isabel Troncoso, para facerlle entrega á presidenta, Montserrat Cuevas Gándara, dunha aportación económica por valor de 1.500 euros concedida por Obra Social “la Caixa”.
Esta contía económica vai ser utilizada para subministrar á entidade de material informático que constará dun ordenador portátil, unha impresora e un proxector, materiais que suporán unha mellora na xestión tanto do traballo que a diario presta a asociación Adapta como tamén, na organización de accións formativas e outras actividades.
Esta prestación económica que achega Obra Social “la Caixa” únese a outras que xa concedeu en anos anteriores, un feito que dende a asociación agradecen porque estes apoios serven para mellorar a atención ás persoas con discapacidade da comarca.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163