Domingo, 01 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 26 de Diciembre de 2018 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

O PSOE de Salceda elixirá en xaneiro candidata para as municipais de 2019

A executiva local pechou nos últimos días a data na cal se elixirá a próxima candidata ou candidato á alcaldía, que representará a súa forza política nas próximas eleccións municipais de maio.


Apostan dende a executiva por un proceso aberto, transparente e democrático, a través da asemblea que se celebrará o domingo 20 de xaneiro.


A intención das e dos socialistas é manter “a maior transparencia, información e participación posible dos afiliados, que case se duplicaron en número na última lexislatura. E deste xeito garantir o mellor proxecto para o noso municipio”.


Engaden que o importante é facer chegar á cidadanía a mensaxe do PSOE e a capacidade para gobernar o concello. Para elo, “levamos traballado toda a lexislatura, dende o grupo municipal e tamén con grupos de traballo para encarar con forza as próximas eleccións”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.