Miércoles, 04 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Domingo, 23 de Diciembre de 2018 Tiempo de lectura:
MOS

A mesa de negociación dá o visto bo á actualización da RPT en Mos

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, maniféstase “orgullosa de rematar así o ano, xa que a mellora deste documento é fundamental para a administración local e optimizará o seu funcionamento”

Esta semana celebrouse no salón de sesións do Concello de Mos a mesa de negociación da modificación da RPT (Relación de Postos de Traballo) municipal, que concluiu co visto bo do documento por parte da unanimidade dos membros integrantes da mesa. Así o informou a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, quen declarou estar “orgullosa de rematar así este ano 2018, con esta tan boa nova para o Concello, e logrando ademais o consenso de toda a mesa de negociación”.


A rexedora local avanzou ademais a este respecto que “agora, unha vez aprobado o documento pola mesa de negociación, convocarase unha Asamblea de Traballadores para tódolos traballadores/as do Concello de Mos, que se celebrará o vindeiro mes de xaneiro”. Arévalo espera “que esta Asamblea de Traballadores lle dea tamén o visto bo ao documento e continuar así avanzando neste procedemento de gran relevancia para o funcionamento da administración local”.


O Concello mosense leva meses traballando nunha actualización da Relación de Postos de Traballo, xa que o último documento data de fai case tres anos e dende entón existen na plantilla local novas situacións laborais que non se recollían no último texto. A última modificación da Relación de Postos de Traballo do Concello de Mos fora aprobada definitivamente en sesión plenaria de 25 de abril de 2016.


Desde o inicio do traballo necesario para a redacción deste novo documento actualizado e mellorado, celebráronse varias mesas de negociación cos sindicatos no salón de sesións da Casa Consistorial, incluída a de onte.


O Concello de Mos leva dende fai tempo traballando nesta nova mellora da Relación de Postos de Traballo e unha empresa realiza os labores necesarios para a nova optimización.


Esta empresa que se encarga da redacción da mellora da RPT mantivo reunións coa maioría dos traballadores e traballadoras para sondear as necesidades e opinións respecto dos diferentes departamentos municipais e estivo presente nas diferentes mesas de negociación celebradas no Concello.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.