Jueves, 12 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Martes, 25 de Diciembre de 2018 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O goberno de Carmela Silva recibe outros catro millóns de euros de europa para lanzar “Labora 2020”

“Labora 2020”, que conta cun orzamento de case 5 millóns de euros, permitirá impulsar 11 itinerarios integrados formativos destinados a 855 persoas de 16 concellos da provincia

A presidenta da Deputación vén de informar de novas achegas do Fondo Social Europeo para impulsar proxectos de promoción do emprego e da formación na provincia. Neste contexto, a Deputación de Pontevedra recibirá do Fondo Social Europeo 2014-2020, preto de catro millóns de euros para poñer en marcha “Labora 2020”, un proxecto que terá un orzamento total de 5 millóns de euros para desenvolver itinerarios integrados e personalizados a fin de mellorar a formación e a empregabilidade na provincia de Pontevedra.  

 

“Se xa antes, e tendo en conta datos do Ministerio de Facenda de cando gobernaba Rajoy, eramos a deputación de todo o Estado que máis recursos destinaba ao fomento do emprego -cun 4,25% que achegamos nós sobre o 2,25% de media estatal- cando inclúan estes recursos de Europa imos revalidar aínda máis se cabe a nosa posición”, subliñou a presidenta provincial. En total, “Labora 2020”, cuxo inicio previsto será o 1 de febreiro de 2019 e rematará o 31 de decembro de 2021, conta cun orzamento de cinco millóns de euros dos que Europa destina o 80% (preto de catro millóns) e o importe restante (preto dun millón de euros) a Deputación de Pontevedra.

 

 

 

 

Carmela Silva sinalou que “se xa antes eramos a deputación de todo o Estado que máis recursos destinaba ao fomento do emprego, con estes recursos de Europa revalidamos aínda máis a nosa posición”

 

 

 

 

“Labora 2020”, tal e como informou Silva, “trátase dunha actuación encamiñada a desenvolver 11 itinerarios integrados e personalizados dirixidos á obtención de certificados de profesionalidade e mellorar a empregabilidade, respondendo ás necesidades locais e xerando emprego nos sectores con maiores oportunidades”. Deste xeito, o proxecto ten como obxectivos a integración sustentable no mercado de traballo das persoas desempregadas que pertenzan a colectivos vulnerables, desenvolver itinerarios formativos en diferentes localizacións da provincia e favorecer a participación das mulleres, de persoas paradas de longa duración, menores de 30 anos, maiores de 55 anos, persoas con diversidade funcional e colectivos en risco de exclusión social.  

 

En total, está previsto que se beneficien de “Labora 2020” ata 855 persoas das cales o 53,33% serán mulleres (456) e o 46,67% homes (399), pertencentes a 16 concellos da provincia entre os que se atopan Lalín, A Guarda, Cangas, Vilagarcía de Arousa,  Barro, Cambados, O Porriño, Mos, Moraña, Valga, Ponteareas, O Grove, Tomiño, Soutomaior, Pontevedra e Vigo.  Estas 855 persoas poderán participar nalgún dos once itinerarios centrados na formación profesional para o emprego, actividades auxiliares de almacén, atención sociosanitaria a persoas dependentes  en institucións sociais, atención sociosanitaria a persoas no domicilio, xestión de chamadas de teleasistencia, limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais, dinamización de actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil, socorrismo en instalacións acuáticas, actividades auxiliares de conservación e mellora de montes, operacións básicas de restaurante e bar e formación en competencias clave de nivel 2 (lingua castelá, galega e matemáticas).

 

Amais, o proxecto tamén inclúe dez xornadas informativas de activación e intercambio de experiencias e boas prácticas e accións específicas en igualdade e non discriminación, así como en desenvolvemento sustentable.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.