Miércoles, 04 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Sábado, 22 de Diciembre de 2018 Tiempo de lectura:
MOS

Rondallas, estación de Papá Noel e tren do Nadal o domingo en Puxeiros

A programación navideña mosense continúa o seu percorrido a toda máquina

[Img #48283]O domingo 23 de decembro ás 17:00 horas na Avenida de Puxeiros celebrarase o Desfile de Rondallas e poderá tamén visitarse a Estación de Papá Noel con obradoiros infantís e animación. Actuarán a Asociación Club Rondalla Santiaguiño de Guizán, a Rondalla da Asociación Cultural e Social de Herville, a Rondalla do Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia de Mos, e a Rondalla do Círculo Recreativo e Cultural de Torroso.

 

O tren do Nadal chegará tamén o domingo a Puxeiros facendo un percorrido polas estradas de Mos. De 11:00 horas a 14:00 horas e de 16:30 horas a 19:30 horas fará viaxes de ida e volta totalmente de balde dende o alto de Puxeiros ata o Pazo de Mos. As paradas dispoñibles serán: parada de autobús do Alto de Puxeiros, marquesina do cruce a San Franco en Dornelas, Centro Dotacional de Torroso e Pazo de Mos.

 

Os viaxeiros do tren do Nadal de Mos poderán ademais aproveitar a viaxe no mesmo para visitar o fermoso Belén do Pazo de Mos, ou para gozar da actuación das 4 rondallas de Mos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.