Viernes, 03 de Abril de 2026

Actualizada Viernes, 03 de Abril de 2026 a las 09:23:12 horas

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 23 de Diciembre de 2018 Tiempo de lectura:
BAIONA

Localizado baixo unha piragua o corpo sen vida dun mozo en Baiona

O corpo sen vida dun mozo apareceu esta tarde baixo unha piragua fronte ao Parador de Baiona.

Un veciño que paseaba pola zona ollou a piragua envorcada e chamou decontado ao 112 Galicia. Faltaban apenas cinco minutos para as seis desta tarde cando se activou o operativo encabezado polos rescatadores de Salvamento Marítimo e o Servizo de Gardacostas, que se desprazaron ao punto a bordo do helicóptero Pesca-I.

 

Foi precisamente este equipo quen, poucos minutos máis tarde, recolleu o cadáver do mar e o trasladou ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, onde agardaban profesionais do servizo sanitario. Ademais, desde o 112 Galicia, pediuse a colaboración dos axentes da Garda Civil.

 

Hai que sinalar que, tras a primeira chamada de alerta ao 112 Galicia, sucedéronse outras dos compañeiros do falecido, preocupados polo seu paradoiro, ao que perderan de vista durante a mañá, cando saíu coa embarcación.   

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.40

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.