PONTEAREAS
Ponteareas logra a cesión gratuita de terreos para uso público no solar de 'Granitos'
O goberno de Ponteareas adianta que se destinará de inmediato a estacionamento para desconxestionar o centro e acometer novas humanizacións
Tras dous anos de negociacións, o alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, asinou cos propietarios do solar onde se ubicaba Granitos de Galicia e Aceros del Tea a cesión para uso público de 7.300 m2 de terreo. A cesión inclue o edificio de Aceros, protexido por Patrimonio polo seu valor patrimonial e histórico.
O novo plan urbanístico de Ponteareas contempla a transmisión da propiedade destes terreos a favor do Concello, pero co acordo asinado adiántase xa o seu uso público, por un prazo mínimo de 10 anos, mentres o plan non se aproba definitivamente pola Xunta de Galicia.
Represas e a Tenente de alcalde e concelleira de urbanísmo, Chus Garrote amosaron a súa satisfacción polo acordo acadado e agradeceu a excelente disposición e as facilidades dadas pola familia Barrera, propietaria do solar.
O Alcalde explicou que o Concello aproveitará esta cesión con dous obxectivos, un inmediato e outro a medio prazo. “O inmediato consistirá en acondicionar o espazo como un grande aparcamento. Isto permitirnos desconxestionar o centro de Ponteareas e poder acometer novas humanizacións semellantes á do Paseo Matutino ofrecendo unha alternativa de estacionamento nun lugar estratéxico”.
A medio prazo o goberno pretende que os terreos manteñan aparcamento, se doten de zonas verdes e que o edificio de Aceros se restaure e albergue servizos públicos. O alcalde anunciou que “se emprenderá en breve un proceso participativo para que os ponteareáns acheguen as súas ideas e propostas sobre o destino e uso futuro deste importante espazo. Esas ideas e propostas serán analizadas por expertos urbanistas para redactar un proxecto que transformará por completo esta zona”.
Con estas actuacións, sinalan, “avanzamos no noso obxectivo prioritario de mellorar a calidade de vida da xente e transformar a nosa vila nun lugar fermoso e agradable para desfrutar da vida. Atrás quedan xa os problemas dun espazo industrial encravado no casco urbano e dun urbanismo descontrolado que non pensaba nas persoas. Agora vivimos un novo tempo cun goberno da xente e para a xente”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163