Lunes, 02 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 26 de Diciembre de 2018 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

Salceda: "licenciados con 20 anos de experiecia cobrando menos de 870 euros fronte a traballadores en prácticas con salarios de 1.800 €"

Así o manifestaron os empregados públicos do Concello de Salceda e as distintas organizacións sindicais no pleno celebrado no concello o venres día 21 de decembro

Aseguran que na plantilla do Salceda "unha Licenciada con 20 anos de experiencia e formación neste concello cobra menos de 870 € de nómina, e un contratado en prácticas 9 meses en ano electoral cobra 1.800 €".

Os empregados públicos do Concello de Salceda continúan loitando para obter melloras nas condicións laborais nas que traballan e aseguran que buscan "desenmascarar as mentiras e manipulacións que o partido ou agrupación do Alcalde 'MS' fixo nun buzoneo masivo por toda a vila de Salceda (4.000 exemplares), tratando de escusarse na súa nefasta política de persoal, e botándolle a culpa de todo aos sindicatos, aos traballadores, a oposición e a todo o que se poña por diante".

 

Explican que o partido ou agrupación do Alcalde “MS” repartiu "por toda a vila de Salceda 4.000 exemplares dun panfleto culpando de todo aos sindicatos, aos traballadores, a oposición e a todo o que se poña por diante".

 


Os traballadores critican que este folleto manexe "datos concretos de contabilidade municipal, obtido de maneira máis que sospeitosa" e no que "se pretende facer crer aos veciños de Salceda que os operarios e traballadores municipais son pouco menos que de clase media alta con salarios superiores ao 1.635 €, pero claro maquillando as contas ao seu gusto, para ver se hai inxenuos que se crean o conto".


Para que esas cantidades acaden a media que se di no folleto, utiliza "os salarios de os habilitados nacionais, como son o Interventor/a e o Secretario/a, con salarios equiparados segundo a normativa actual aos do Alcalde, ou sexa elevados, e con praza nomeada dende Madrid".


Ademais, explican os traballadores, que "inclúe as nóminas dos contratados polos plans de cooperación da Xunta e a Deputación, nos que despois de moitos anos cobrando escasos 700 €, esta vez como nos contratados entrou a muller do Concelleiro de Persoal lle aplican o III Convenio da Administración General de Estado, con salarios marcados por dito convenio".  Así danse diferencias que duplican salarios coma o caso "dunha Licenciada con 20 anos de experiencia e formación neste Concello que cobra menos de 870 € de nómina, fronte a un contratado en prácticas durante nove meses en ano pre electoral cun salario de 1.800 € mensuais".


Os empregados públicos citan "unha frase que lle encanta ao Sr. Alcalde, 'a mentira ten as patas moi curtas'", para denunciar que "a listaxe de mentiras e manipulación de datos do folleto de dubidosa financiación é enorme".


Os traballadores desmontan "outra mentira manipulada" do panfleto ao asegurar que "di, que cobran 161.000 € o ano, pero claro agora falan de cantidade neta. Pois ben no orzamento están 242.000 €, pero debido a dimisión do concelleiro de persoal, gastarán 233.000 € cando remate o ano".

 

No tocante a RPT e o Convenio explican os empregados públicos municipais que "volve ao tema recorrente de que non hai vontade de chegar a acordos, pero o caso é que hai 3 meses que temos nova concelleira de persoal, e nin sequera se reuniu nin unha soa vez cos sindicatos para tratar nada de nada" aseguran engadindo que "esta é a verdadeira situación no concello de Salceda, por moito folleto e moita nota de prensa manipulada que se remita, este señor non ten intención política de cambiar. No lle cabe na cabeza que non ten maioría absoluta, e que para gobernar así, non vale a tiranía, o 'ordeno e mando', que hai que chegar a acordos, a nivel político coa oposición e a nivel de persoal municipal coa representación sindical, pero el aposta polo vasalaxe, pois é onde se sinte cómodo de verdade".

 

[Img #48314]


Retribucións de 233.412 euros para políticos fronte a salarios de 870 euros para licenciados


Por último indican a diferencia que supón o "gasto" para as arcas municipais das cinco dedicacións exclusivas que, con salarios, persoal eventual, Seguridade Social, asistencia a órganos colexiados, dietas e transporte sumaron no exercicio 2017 un total de 233.412 euros. Todo isto fronte aos salarios dalgúns empregados que non chegan a 870 euros mensuais coas pagas extras incluidas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.