PONTEAREAS
“Cores de Nadal”, concerto de fin de ano da Banda de Música de Xinzo
O sábado 29 de decembro ás 19:00 horas terá lugar no auditorio do Centro Cultural de Xinzo o concerto de Fin de Ano da Banda de Música de Xuvenil de Xinzo. Nesta ocasión, contarase tamén coa Coral Cantares de Xinzo e a Coral Xuntanza de Covelo, que cantarán conxuntamente.
O concerto titúlase “Cores de Nadal” , en referencia ás pezas musicais interpretadas, cuxos títulos se corresponden con nomes de cores.
A primeira parte de concerto estará interpretada de forma exclusiva pola Coral Cantares de Xinzo en colaboración coa Coral Xuntanza de Covelo. Unha fusión vocal que porá enriba do esceario a máis de 50 persoas para o deleite de todo o público presente. Este concerto servirá tamén para a presentación pública dos novos membros da Coral Cantares de Xinzo.
Posteriormente será a quenda da Banda de Música Xuvenil de Xinzo, que ofrecerá un programa de alta dificultade técnica, no que se poderá escoitar unha obra para trombón solista e banda. O papel solista será interpretado por Javier Otero, trombón da Banda de Xinzo que actualmente está rematando os seus estudos de Grado Profesional no Conservatorio Municipal de Ponteareas.
Rematará o concerto cunha fusión entre as 3 agrupacións (Coral cantares de Xinzo, Coral Xuntanza de Covelo e Banda de Música Xuvenil de Xinzo), que permitirá ver enriba do escenario do Centro Cultural de Xinzo, a 100 persoas baixo a batuta do mestre Javier Blanco.
Dende a Xunta Directiva da Banda de Música de Xinzo, queren agradecer a colaboración de todos os socios, administracións públicas, e demais persoas, que fixeron en fan posible cerrar un 2018 cheo de éxitos para a Asociación. En verbas do Presidente, “pechamos un ano no que levamos a cabo unha intensa actividade en todas as seccións da Asociación (Escola de Música, Banda, Coral, etc.), que fixeron consolidar o crecemento constatado durante o pasado ano. O que nos permitirá, a falta de pechar os últimos detalles, ter un proxecto moi ambicioso para o vindeiro 2019, gracias ao deseño do presuposto mais alto da nosa historia”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163