Jueves, 12 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 27 de Diciembre de 2018 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Este Nadal cinco novos obradoiros do Programa “Tecendo Lazos”

Preto de 90 persoas de Campo Lameiro, Oia, A Cañiza, Cuntis e A Lama participan nos distintos talleres que buscan promover espazos de encontro interxeracionais

Os concellos de Campo Lameiro, Oia, A Cañiza, Cuntis e A Lama acollen nestas datas de Nadal cinco novos obradoiros do programa “Tecendo Lazos 2018”, nos que participan preto de 90 veciños e veciñas destes municipios da provincia. O obxectivo desta iniciativa é fomentar un espazo de encontro entre distintas xeracións e que, ao tempo que se aprende dunha temática nova, as persoas participantes, de diferentes idades, poidan intercambiar aprendizaxes, ideas, experiencias e recursos.

 

“Risa e movemento” é o obradoiro que se desenvolve en Campo Lameiro, no Centro Sociocultural Sobrino Buhigas, eata o vindeiro sábado, de 10 a 14 horas. Participan un total de 12 persoas. En Oia ten lugar o taller de “Creación de xoguetes tradicionais”, no Centro Cultural de Mougás, dende hoxe 26 ata o 3 de xaneiro. Será os mércores e os xoves, de 10 a 14 horas, con 23 persoas anotadas.

 

“Risoterapia e Mindfulness” realizarase en Cuntis, dende este 26 de decembro ata o 4 de xaneiro. Será no Centro Patelas, os mércores, xoves e venres, dende as 16 ás 20 horas, e para o que están inscritas 12 persoas. Na Cañiza vaise desenvolver un taller de “Risa e movemento” ata o 3 de xaneiro na Biblioteca Pública os mércores, xoves e venres, de 10 a 14 horas e participarán 18 persoas. Na Lama ten lugar “Xogos de patio”, no Multiusos municipal, ata o 4 de xaneiro os mércores, xoves e venres, de 10:15 a 13:45 horas e participan 24 persoas.

 

En “Tecendo Lazos 2018” participan este ano 38 concellos da provincia. A Deputación de Pontevedra destina para este programa, en 2018, un total de 60.000 euros para o desenvolvemento dos distintos obradoiros. En cada taller poden anotarse persoas de entre 6 e 99 anos de idade, tendo un mínimo de 10 persoas e un máximo de 30, cun mínimo do 40% de menores. A súa duración é de 16 horas lectivas e axústanse a catro temáticas diferentes: “Risas en familia”, “Xogos e xoguetes tradicionais: xogando en familia”, “O noso son: bailes e cancións de agora e de sempre” e “Faino ti”.

 

Todos os obradoiros inclúen o módulo  “A historia do meu municipio”, a través do que as persoas participantes se achegan máis polo miúdo á historia do seu propio concello, recompilando historias, lendas, contos ou fotografías dos mesmos. Cada municipio elaborará un traballo que se presentará a un concurso, que na pasada edición de 2017 gañou o concello da Lama co proxecto “Andando gaña o muíño, que parado está perdido”.

 

Este ano sumáronse 12 concellos máis a esta iniciativa, xa que en 2017 participaron en “Tecendo Lazos” 26 municipios da provincia. En concreto, tomaron parte nos distintos obradoiros realizados un total de 534 persoas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.