VIGO
O goberno de Vigo inviste 1,6 millóns de euros na mellora de cinco campos de fútbol
A Xunta de Goberno Local deu luz verde á contratación das obras de renovación do céspede e das instalacións dos campos de Navia, Meixoeiro, Candeán, A Bouza e Baltasar Pujales. Amais, quedaron aprobadas as axudas á Sociedade Atlántida, Fútbol San Miguel e CD Valladares. Un total de 14 campos que mellorarán as súas instalacións coa axuda do Concello
Abel Caballero informou a semana pasada do acordo da Xunta de Goberno local para a adxudicación do contrato de obras de renovación de céspede artificial e instalacións nos campos de fútbol de Navia, do Meixoeiro, de Candeán, da Bouza e no Baltasar Pujales de Bouzas, que ascenderán a 1.612.000 euros.
Serán cinco obras "de realización rápida" cuxos orzamentos se distribúen da seguinte maneira: Navia 292.000.euros, Meixoeiro: 334.000 euros, Candeán: 340.000 euros, A Bouza: 277.000 euros e Baltasar Pujales: 367.000 euros.
Ademais, a Xunta de Goberno Local deu luz verde á resolución da convocatoria de subvencións a entidades deportivas sen ánimo de lucro, orientadas á mellora dos campos de fútbol da Sociedade Cultural e Deportiva Atlántida para alumeado, ao CD Valladares e ao Club Fútbol San Miguel para a mellora do terreo de xogo.
O alcalde apuntou que o Concello ten en marcha proxectos para renovación do céspede artificial, mellora da instalación de auga quente e instalación de sistemas de eficiencia enerxética en outros catro campos: Sárdoma, A Guía, Monte da Mina e Carballa e prevé acometer melloras na superficie dos campos de Fragoselo e Cotogrande, un total de 14 campos que recibirán axuda municipal para atender as necesidades das súas instalacións.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.170