SALCEDA DE CASELAS
Verónica Tourón optará a ser a candidata do PSOE á alcaldía de Salceda
Os socialistas celebrarán a asemblea para a elección o próximo 20 de xaneiro
A voceira municipal do PSOE, Verónica Tourón, volverá a optar a ser a candidata á Alcaldía cara as municipais de maio.
A pesar de que ó ser Salceda un municipio de menos de 20.000 habitantes as liñas do partido non marcan a necesidade de realizar primarias, a executiva local decidiu "facer un proceso aberto e transparente, no que as e os militantes puidesen presentar a súa candidatura". Se non houbese outra candidata ou candidato, a elección de Tourón realizaríase de forma directa.
“Tomo agora esta decisión despois de que nos últimos meses, afiliados e simpatizantes me solicitasen que volvese a encabezar o proxecto socialista cara as municipais de maio de 2019 e dou de novo este paso porque creo firmemente na política como ferramenta para mellorar a vida das persoas”, confirma Verónica Tourón.
“Salceda ten a necesidade de que haxa un goberno socialista que lidere un proxecto progresista e ilusionante para o conxunto da veciñanza, no cal o eixo sexa a participación cidadá en todos os eidos”. “Ademais non dou este paso soa, é un proxecto colectivo con un claro obxectivo, gobernar Salceda, con diálogo coa veciñanza e cun proxecto á altura da ambición que debe ter unha vila como Salceda, necesitamos os servizos básicos cubertos, polígono industrial, Plan Xeral, entre outros, en definitiva: avanzar. Sen esquecer unha interlocución firme, clara e honesta co resto das administracións”, engade Verónica Tourón.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104