MOS
O Club Xadrez Mos celebrou o seu V Torneo de Nadal Sub-2200
Tivo lugar durante a última fin de semana do ano 2018
A V edición do Torneo de Nadal Xadrez Mos celebrouse durante a última fin de semana do ano 2018, os días 29 e 30 de decembro, nas instalacións do Centro Dotacional de Torroso.
Dende a directiva do Club Xadrez Mos declararon a este respecto que “un ano máis gozamos de dous días de bo xadrez, deportividade e un ambiente festivo idóneo para gozar da nosa paixón. Queremos mostrar o noso agradecemento ao Concello de Mos e ao Centro Dotacional de Torroso, pola súa aposta continua polo xadrez, facilitando o desenvolvemento de todas as actividades do noso Club”.
Dende o Club non quixeron deixar de agradecer “aos patrocinadores deste evento, permitindo que ano tras ano, grazas ás súas achegas, melloremos as condicións deste torneo. A toda a familia do Club Xadrez Mos: pais, nais, avós, avoas, amigos, amigas...motor fundamental deste club. Sempre dispostos a botar unha man. Grazas pola súa entrega. E por suposto, a todos os participantes pola súa deportividade. Polo ambiente familiar vivido durante os dous días de competición. E pola súa entrega no taboleiro partida a partida”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217