GALICIA
A Xunta lémbralles aos alcaldes do Val Miñor que a AG-57 é unha das autoestradas máis baratas de España
A Xunta lémbralles aos alcaldes do Val Miñor que a AG-57 é "unha das autoestradas máis baratas de España, e pídelles que sumen esforzos ao traballo da Xunta para conseguir descontos na AP9".
As autoestradas de titularidade autonómica "son as máis baratas de España e seguen a selo así neste novo ano 2019, onde a suba aplicada nas súas tarifas correspondese coa suba do IPC. Así, en Val Miñor esta suba de 5 céntimos só afecta a 4 dos tramos da AG-57" explican dende o executivo autonómico.
"Esa suba puntual é, en todo caso, moi inferior á aplicada na AP-9, que despois de subir o pasado mes de outubro un 2%, volve a subir en xaneiro máis dun 3,5 por cento, o que supón que en apenas dous meses esta autoestrada experimentou unha suba da peaxe de case o 6%" aseguran.
Ademáis dende a Xunta lembran que "nas autoestradas autonómicas ademais a Xunta está a aplicar descontos de ata o 50% nas viaxes de volta e comezaranse a aplicar neste ano bonificacións en horarios nocturnos da metade da peaxe"
"Pola contra, a suba na AP9 non é só consecuencia do IPC, como é o caso das autoestradas autonómicas, senón que é o resultado de que un Goberno socialista decidiu pagar con esas subas as obras de ampliación da autoestrada en Rande e Santiago" indican.
Para a Xunta "os galegos non poden entender que o Ministerio de Fomento anuncie descontos e a liberación de peaxes doutras autoestradas en España e na AP-9 estean a darse estas subas continuadas. E nesta reivindicación pedimos aos alcaldes de Val Miñor que se sumen a traballo que está a facer a Xunta para conseguir descontos na AP9".
"Cómpre que os rexedores do Val Miñor defendan conxuntamente coa Xunta que o Ministerio de Fomento adopte medidas para acabar coa discriminación a Galicia que supón que se liberen determinadas autoestradas e se anuncien rebaixas nas peaxes das radiais, mentres a AP-9 asume unha escalada de prezos continuada e sen paliativos" aseguran no comunciado feito público pola Xunta de Galicia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.20