BAIONA
A Xunta licita o servizo de explotación e mantemento da presa de Baiona
As empresas interesadas en acometer este contrato poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 22 de xaneiro
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de licitar na plataforma de contratación o servizo de explotación, conservación e mantemento da presa de Baiona por un investimento de máis de 237.000 euros.
As empresas interesadas en acometer este contrato poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 22 de xaneiro.
Este contrato ten como obxectivos explotar, conservar e manter a presa de Baiona, así como os seus equipos e instalación.
O contrato ten como obxectivo realizar a conservación de todos os dispositivos de control, órganos de desaugue, accesos e demais instalacións, equipos auxiliares e sistemas de comunicación
Para isto, será necesario realizar a conservación de todos os dispositivos de control, órganos de desaugue, accesos e demais instalacións, equipos auxiliares e sistemas de comunicación.
A presa de Baiona encora as augas do río Baíña e está situada no ámbito territorial da Demarcación Hidrográfica Galicia Costa. Ten unha altura sobre cimentos de 43,50 metros e un volume encorado de 0,64 Hm3.
Esta infraestrutura é explotada pola Xunta, a través de Augas de Galicia, que apoia ao Concello no desenvolvemento das súa competencias de prestación do servizo municipal de abastecemento.
Trátase dunha das principais infraestruturas de abastecemento de auga deste concello, xa que dende este encoro cáptase a maior parte da auga que a súa poboación demanda anualmente.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.40