SALCEDA DE CASELAS
O vindeiro luns a Deputación iniciará as obras da rúa da Gándara en Salceda
O deputado Uxío Benítez explica que as obras permitirán que a estrada se integre no parque da Gándara e incluirán medidas de calmado de tráfico
A Deputación de Pontevedra iniciará as obras da rúa da Gándara en Salceda de Caselas despois das vacacións de Nadal. Segundo explica o deputado de Mobilidade Uxío Benítez, a actuación no treito urbano da estrada provincial EP-2505 estaba prevista para o mes de decembro, non obstante, debido á mala climatoloxía con continuas chuvias e ao parón do sector das construcións durante as festas decidiuse adiar o inicio da actuación para comezar a pleno rendemento a partir do día 7 de xaneiro.
Segundo explica Benítez a empresa Caldevergazo SL, adxudicataria da obra, terá un prazo de execución de seis meses contados a partir dende o inicio dos traballos, que suporán a creación dun novo espazo de gran calidade urbana no que a rúa quedará integrada co parque da Gándara cun deseño novidoso en plataforma única.
As obras na rúa da Gándara abranguerán 350 metros lineais da estrada, comezando no cruce coa estrada PO-407 ata pasada a ponte baixo a PO-510. Construirase unha nova glorieta para ordenar e calmar o tráfico, e despois realizarase unha reurbanización cunha plataforma única que permitirá ás e aos peóns e coches circular polo mesmo nivel. Ademais, a rúa pasará a estar integrada no parque da Gándara, eliminando a balaustrada e o muro actual coa intención de crear un novo espazo recuperado e continuo para o goce da cidadanía.
Benítez apunta que a estrada pasará a ter unha sección segregada para coches e as e os peóns desde a zona do aparcamento disuasorio existente ata chegar ao túnel. A partir deste paso crearanse dous carrís de circulación e unha senda peonil de 2,5 metros de largo que conectará a través dunha nova ponte de madeira coa senda do río Landres dedicada a Francisco Estévez. Outro punto importante será a instalación de elementos de calmado de tráfico (seis os pasos de peóns sobreelevados) para facilitar os tránsitos peonís, xa que a zona é frecuentada pola veciñanza e sofre gran cantidade de accidentes de tráfico.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104