Miércoles, 04 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 04 de Enero de 2019 Tiempo de lectura:
MOS

Unha Festa de Nadal para superar os medos infantís terá como esceario o Multiusos das Pozas

Hoxe a partir das 18.00 horas Xoán Curiel e a Banda do Verán traerán a Mos o seu espectáculo músico-teatral A Casa do Terror

Hoxe, venres día 4 de xaneiro, celebrarase no Multiusos das Pozas a tradicional Festa Infantil de Nadal a partir das 18.00 horas.

 

[Img #48508]A festa contará cun espectáculo musical infantil e familiar orientado a que os cativos aprendan a vencer os seus medos. Trátase dun concerto teatral moi divertido e participativo titulado A Casa do Terror a cargo de Xoán Curiel e a Banda do Verán con ilustracións de Iria Fafián.

 

A Casa do Terror é unha aventura escrita por Xoán Curiel, na cal un grupo de amigos vese obrigado a durmir nunha casa encantada e vive aventuras divertidas e terroríficas relacionadas coa música, a amizade e a superación dos propios medos. A perspectiva do terror é abordada neste espectáculo dun xeito divertido e lévase a cabo a través de personaxes divertidas coma as pulgas sombis, o lobo lover, ratatiburóns, gativampiros, o monstro da lavadora, a pantasma con asma, e un longo etc… É unha historia moi positiva no que se fala da importancia da confianza nos desafíos da vida e nas cousas que nos poden producir medo.


Ademais dun libro disco, A Casa do Terror é un divertido e dinámico espectáculo musical con cancións, danzas, elementos teatrais ou de clown e sobre todo moita participación do público asistente.

 

O espectáculo prolongarase durante 70 minutos aproximadamente e está especialmente recomendado para nenos/as maiores de 4 anos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.