Miércoles, 04 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 03 de Enero de 2019 Tiempo de lectura:
MOS

Mos ultima os preparativos para a Cabalgata de Reis

10 carrozas, 4 rondallas, un Belén Vivinte e 800 quilos de caramelos sen gluten completarán unha tarde máxica de ilusión infantil na víspera de Reis

O Colexio Mestre Martínez Alonso, en Castro-Mos, é estes días a fábrica de ilusión para os máis pequenos. No recinto do centro educativo estanse a dar os últimos retoques para que Mos volva ter a súa mellor Cabalgata de Reis. As carrozas están listas para recibir o vindeiro sábado a Melchor, Gaspar e Baltasar. A temática deste ano será a fantasía, polo que o universo, a música e os contos serán os grandes protagonistas da comitiva real que arrincará o 5 de xaneiro ás 17:30 horas desde o concesionario Renault en Sanguiñeda e que concluirá, como nos últimos anos, na explanada da Discoteca Queen, onde estará instalada unha gran carpa.

 

No caso da comitiva real (as carrozas dos Reis Magos) terán unha altura máxima de catro metros e ata dez metros de longo que permitirán a presenza de ata 15 persoas sobre cada unha delas.

 

Durante o percorrido, as suas Maxestades de Oriente repartirán un total 800 quilos de caramelos, doces que serán sen gluten, aptos para persoas celíacas, alérxicas e/ou intolerantes. Tras o desfile, actuarán as 4 rondallas de Mos na seguinte orde establecida tras sorteo: Rondalla do Centro Cultural de Herville, Rondalla Santiaguiño de Guizán, Rondalla de Torroso e Rondalla Santa Eulalia de Mos.

 

O Belén Vivinte organizado pola Asociación de Mulleres Rurais Val da Louriña estará instalado na carpa onde os persoaxes recibirá a Melchor, Gaspar e Baltasar.

 

A Cabalgata de Reis de Mos estará composta por un total de 10 carrozas e contará tamén con animación de rúa.

 

Ademais das tres carrozas reais, sete serán as asociacións que forman parte desta comitiva e que participan no tradicional concurso de carrozas: CRC Torroso, AVV Nosa Terra de Pereiras, AVV Santa Ana de Veigadaña, AVV Chan do Bosque, Asociación Deportiva Rutas a Cabalo, Centro Cultural e Social de Herville e CC Abrente.

 

Como novidade, os guardiáns este ano das 3 carrozas reais serán os 50 nenos e nenas das Escolas de Patinaxe de Mos que, con vistosos traxes (feitos a man polas súas familias), acompañarán aos tres Reis Magos.

 

Os máis pequenos aínda están a tempo de entregar a súa carta para os Reis Magos ao Carteiro Real que estará no Multiusos das Pozas mañá venres na Festa Infantil de Nadal. O horario para estar co Carteiro Real será a partir das 17:30 horas. E ás 18:00 horas terá lugar o concerto de Xoan Curiel e a Banda do Verán co espectáculo A Casa do Terror, con entrada gratuíta ata completar aforo.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.