Viernes, 13 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 03 de Enero de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Carmela Silva: “o camiño do emprego é cada vez máis positivo aínda que hai que seguir traballando”

A Presidenta da Deputación valorou positivamente os datos de emprego de 2018 e salientou a labor que está a facer o goberno de Pedro Sánchez que “está conseguindo o aumento do número de ocupadas e ocupados”

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, amosou a súa satisfacción tras coñecer os datos publicados hoxe polo Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social en relación ao novo descenso do número de desempregados inscritos nos Servizos Públicos de Emprego no 2018, “está claro que o camiño do emprego está a ser cada vez máis positivo, aínda que hai que seguir traballando e implementando novas medidas para fomentar o emprego de calidade e facer un esforzo especial pola contratación feminina, xa que o número de parados e paradas e maior no caso das mulleres”.

 

Silva tamén salientou a labor que está a facer o goberno de Pedro Sánchez, xa que “co Partido Popular o número de ocupadas e ocupados descendía e agora están aumentando, ao mesmo o tempo que tamén o fan os contratos indefinidos”. En relación aos datos de España no 2018, a presidenta da Deputación puxo en valor a baixada do paro por sexto ano consecutivo, o número de desempregados caeu nos últimos doce meses en 210.484 persoas, e tamén destacou que o total de ocupados situouse ao finalizar o exercicio en 19.024.165 afiliados, “o segundo mellor dato anual da serie histórica, so superado polo 2007 cando aínda non estábamos en crise”.

 

Pola súa banda, en canto á contratación, o ano pasado realizáronse case 22,3 millóns de contratos, dos que 2.284.924 foron contratos indefinidos, isto supón o 10,2% do total, cifra máis alta da serie histórica, cun incremento do 18,4% respecto a 2017. Así mesmo, a taxa de cobertura tamén aumenta alcanzando o 59,9%, o que supón máis de tres puntos máis que no mesmo mes do ano pasado.

 

A presidenta da institución provincial tamén quixo resaltar o aumento das contratacións e dos contratos indefinidos tanto en Galicia coma na provincia de Pontevedra que, segundo reflexan os datos, sitúanse nun 9,11% e nun 7,73% do total, respectivamente. Para concluír, Silva destacou que “as medidas de emprego están conseguindo que haxa máis contratación, máis contratación indefinida, máis número de ocupadas e ocupados e, tamén, unha maior taxa de cobertura, aínda que temos que ter cautela e seguir traballando e tomando novas medidas que impulsen a creación de emprego de calidade”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.