MOS
Vertixinoso ano 2018 da bailarina mosense Patricia Martínez
Durante os pasados meses de Novembro e Decembro impartiu no IES a actividade "Descobre o Baile Deportivo"
A bailarina mosense Patricia Martínez impartiu no IES de Mos durante os pasados meses de Novembro e Decembro a actividade baixo o nome de "Descobre o Baile Deportivo" desenvolvida a iniciativa do Concello de Mos en apoio ao deporte minoritario.
Esta actividade vense realizando ao longo dos últimos catro anos nos CEIP e este ano trasladouse ao Instituto. O éxito foi indiscutible, xa que nun principio propúxose só para 3º ESO, e finalmente por parte do Departamento de Educación Física demandouse para 2º e 1º cursos da ESO, con gran apoio e colaboración de todos os alumnos e alumnas dos 3 cursos.
As sesións leváronse a cabo durante o horario no que os alumnos tiñan a súa hora de Educación Física, cunha duración de 50 minutos durante os que ademais de explicarlles teoricamente en que consiste o Baile Deportivo, por suposto puideron probar os ritmos máis movidos como o Chachachá ou a Samba, partindo sempre dun nivel básico e de iniciación.
O obxectivo do Concello de Mos con esta iniciativa é promover o deporte en xeral e dar a coñecer o deporte minoritario.
Patricia Martínez, exalumna do Instituto mosense, declarou tras esta experiencia que “despois de 10 anos sen pisar o IES desde que me graduei en Bacharelato, foi poñer un pé dentro e un escalofrío de sentimentos percorreu todo o meu corpo, e o reencontro cos meus profesores de Educación Física, Esther e Mario, que me axudaron a organizar xunto coa OMIX, esta programación para que ningunha clase quedase sen a súa sesión de Baile Deportivo; foi moi emocionante. Foi unha experiencia moi boa, cun resultado moi positivo en todos os aspectos”.
A bailarina deportiva mosense tivo un vertixinoso ano de competición o pasado 2018. En novembro do 2017 a súa exparella de baile, Adrián Esperón, despois de 12 anos decidiu deixar de competir, polo que Martínez tivo que buscar alguén que se puidera adaptar ao seu nivel e idade. E así reencontrouse co seu amigo Cristian Álvarez, bailarín e violinista, que por motivos persoais e laborais, deixara de competir facía 5 anos pero quería retomar a pista de baile.
Cristian, natural de Pontevedra pero residente en Lisboa nos últimos 4 anos, decidiu comprometerse con Patricia e xuntos comezar unha carreira deportiva na Liga Profesional (Profesional Divission, coñecida internacionalmente), de Baile Deportivo, representando internacionalmente a Portugal.
Ao longo deste ano, competiron en diferentes probas de Ránking en Portugal. Finalizaron o ano gañando o Campionato de Portugal Profesional na modalidade de 10 Bailes, obtendo a máxima puntuación no Circuíto Nacional e na Copa Nacional da modalidade de Standard, e 2º na puntuación de Circuíto e Copa na modalidade de latinos. Todo isto combinándoo coas competicións no estranxeiro, unha por mes, conseguindo a entrada na final no 90% delas. Así mesmo, o ser competidor na liga Profesional permítelle xulgar a nivel nacional e poder ser relatores en diversos Training Camps, como tiveron a oportunidade no mes de Xullo de ser relatores no maior Training Camp de Baile Deportivo, en Caorle, Italia, diante de máis de 600 persoas.
A día de hoxe, están a organizar os novos obxectivos para a próxima tempada.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217