Viernes, 13 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 07 de Enero de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación de Pontevedra lanza o novo programa de formación e de emprego para a mocidade

O novo plan "permitirá pasar do modelo do PP, centrado en bolsas, a contratacións en prácticas con máis garantías e mellores salarios"

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, detallou o funcionamento do “Teu primeiro emprego”, o novo programa de fomento para a formación e o emprego para a mocidade, que xa foi anunciado o pasado 20 de decembro e que "virá a substituír desde o próximo mes de xullo ao antigo Plan de Práctica Laboral nas empresas, nos concellos e na propia institución provincial, creado e impulsado polo Partido Popular". Tal e como explicou a presidenta, o novo plan “suporá un cambio rotundo de modelo en consonancia co “Plan Director por un Trabajo Digno 2018-2020”, aprobado no mes de xullo de 2018 polo goberno de España para propiciar formación e empregos dignos, un Plan Director co que estamos en total sintonía”

 

De feito, o novo plan, tal e como explicou Silva, “terá como principal novidade que as mozas e mozos da provincia poderán optar a un sistema de contratos en prácticas, con máis garantías, duración e mellores salarios, abandonando o plan de bolsas que o PP ideou e implantou na Deputación de Pontevedra”. A presidenta sinalou que o novo modelo para o fomento do emprego foi xa explicado ao empresariado da provincia de Pontevedra en decembro. “Fai quince días, concretamente o 20 de decembro, anunciamos que íamos modificar o Plan de Práctica Laboral, que íamos rachar con este modelo creado polo PP, para poñer en marcha este novo sistema de emprego e de formación, máis potente, máis digno e con máis dereitos”.

 

 “Falamos de contratos con máis garantías e mellores salarios, con máis beneficios para a mocidade xa que as súas prácticas computan como experiencia profesional e figuran na vida laboral”, destacou Silva. En canto aos salarios, a presidenta explicou que as persoas beneficiarias percibirán o 60% do salario segundo o convenio colectivo de cada sector. “Mentres agora as persoas beneficiarias do Plan de Práctica Laboral reciben entre 740 e 840 euros, a partir de xullo e co novo modelo que estamos a impulsar todos e todas superarán esas cantidades”, informou.

 

O vixente Plan de Práctica Laboral manterase ata xuño de 2018 para dar cumprimento ás bases da convocatoria que detallan que as bolsas poderán prorrogarse ata seis meses máis. Así, a presidenta da Deputación explicou que “na última Xunta de Goberno decidimos amplialo un mes, para que o servizo de Emprego tivese avaliado o novo modelo e queríamos ser prudentes. Se non o facíamos así todas as bolseiras e bolseiros se tiñan que ir para as súas casas. Agora, unha vez avaliado o novo programa, e cumprindo as bases pechamos o que xa estaba previsto, a prórroga ata xuño”.

 

A presidenta da Deputación de Pontevedra recordou que o modelo do Plan de Práctica Laboral en concellos, na Deputación e en empresas, “foi ideado polo Partido Popular seguindo os principios do goberno de Rajoy”.  Precisamente, neste contexto, a presidenta informou que ese modelo está a ser obxecto dunha inspección en todas as entidades e administracións do Estado que teñen un 15% de bolseiras e bolseiros como a Deputación de Pontevedra. A presidenta tamén incidiu en que o antigo Plan de Práctica Laboral, que puxo en marcha o goberno de Louzán, “contou cos aplausos de CCOO, que é a correa de transmisión do PP na Deputación”.  “Non entendo como un sindicato cuestiona o novo modelo que queremos implantar, un modelo que reconverte un plan centrado en bolsas por outro asentado en contratos en prácticas,  un modelo baseado en empregos dignos, con máis garantías, beneficios e mellores salarios. ¿Pode explicar CCOO como sindicato como non está a aplaudir un plan para mellorar e dignificar as condicións e os salarios?. Non dou crédito”.

 

A presidenta da Deputación recordou que as institucións provinciais non teñen competencias en materia de emprego, “pero nós facémolo porque sabemos que hai un serio problema, sobre todo para a mocidade”. Neste eido, Carmela Silva recordou que “como vén recoñecendo o propio Ministerio de Facenda, somos a administración de todo o Estado que máis inviste en emprego, pese a non ter esas competencias. De feito, en tres anos destinamos ao fomento do emprego e á formación máis de 51,5 millóns de euros”. 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.