Viernes, 10 de Abril de 2026

Actualizada Viernes, 10 de Abril de 2026 a las 08:48:47 horas

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 07 de Enero de 2019 Tiempo de lectura:
Ponteareas

EU non apoiará a moción sobre a variante de Ponteareas

O vindeiro martes oito de xaneiro celebraráse un pleno extraordinario onde se debaterá unha moción conxunta do BNG, PSOE, A Riada do Tea, PP e ACiP na que se reclama ao Ministerio de Fomento a  redacción dun novo convenio entre este, a Xunta de Galicia e o Concello de Ponteareas.

 

Para Esquerda Unida "nunca foi unha prioridade a construción desta variante. Todo o contrario". Para esta organización, "a execución de novas vías de transporte sempre deben xustificarse sobradamente, algo que non se da neste caso. Se ben é certo que se xeran pequenas retencións en horas puntuais no acceso da N120 ao núcleo de Ponteareas, non estamos ante unha cuestión da máxima urxencia. Ademais, está por demostrar que a construción desta circunvalación dea solución aos problemas de tráfico da N120. É bastante dubidoso que esta circunvalación que conectaría a saída da A52 na parroquia de Angoares coa N120 na zona do Barral, en Arcos, se utilice o suficiente como para desconxestionar a N120 nin, sobre todo, xustificar a agresión que suporá ao Rio Uma, un río -lembremos- incluído na Zona de Especial Protección do río Tea".

 

Polo demais, EU considera que "se o estado ten que gastar 20 millóns de euros, tal e como estaba consignado nos Orzamentos de 2018 e como se reclama na moción, estes estarían bastante mellor investidos promovendo unha mellora do trasporte público, algo que no Concello de Ponteareas é moi deficiente e que obriga a utilizar o transporte privado para acceder a calquera tipo de servizo. Lembremos, de paso, que a Xunta de Galicia deixou a Ponteareas fora da Área Metropolitana de Vigo e consecuentemente da Área de Transporte Metropolitano, algo que si sería positivo para a mobilidade no noso concello".

 

Polo tanto, Esquerda Unida, "aínda que si apoiará o punto terceiro da moción no que se solicita a Fomento a redacción do proxecto de mellora da seguridade na N 120 ao seu paso por Ponteareas, non apoiará os puntos relativos á reclamación da redacción dun novo convenio".

 

EU entende que "estamos ante unha mostra do nerviosismo destes partidos debido á proximidade das  eleccións municipais de maio. Esquerda Unida de Ponteareas non será partícipe de demagoxias electoralistas de ningún tipo, tal e como expoñen agora mesmo o resto dos partidos da corporación".

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.