Viernes, 10 de Abril de 2026

Actualizada Viernes, 10 de Abril de 2026 a las 08:48:47 horas

Redacción / Xornal21.es
Martes, 08 de Enero de 2019 Tiempo de lectura:
Ponteareas

Accións formativas "SmartPeme" en Ponteareas

As oficinas do programa "SmartPeme" da Deputación de Pontevedra en Vigo, Ponteareas e O Porriño acollerán durante este mes de xaneiro un total de 21 accións formativas (7 en cada unha delas) para a adaptación das empresas e proxectos emprendedores da provincia de Pontevedra ao novo escenario dixital no que desenvolver as súas actividades e aproveitar as ferramentas existentes co obxectivo de aumentar a súa competitividade. Deste xeito, "SmartPeme" oferta ás persoas emprendedoras e pemes da provincia unha serie de servizos de información, análise, asesoramento, capacitación, demostración, acompañamento e titorización no ámbito das TIC, sempre da man das propias implicadas e implicados e coa colaboración das asociacións de empresarias e empresarios e de mozas e mozos autónomos.

 

A oficina de Ponteareas acollerá os seguintes obradoiros: "Marketing de contidos: Como xerar unha estratexia efectiva", o martes 8 de xaneiro. O xoves 10 terá lugar "Pasarelas de pago para o comercio electrónico". O martes da seguinte semana impartirase "Woocommerce: A solución que buscabas para vender por Internet". A seguinte será "Social Media Listening: O que se din do teu negocio en Internet", o martes 22. A quenda de "Empresas turísticas nas AAPP. Trámites para mellorar a presenza en liña" será o xoves 24 de xaneiro. Por outra banda, o martes 29 terá lugar o obradoiro "Chatbots: A automatización da atención ao cliente". E, xa por último, o xoves 31 "Optimiza a visibilidade da túa web con Google Search Console" será a acción que impartirá o persoal do programa. A oficina "SmartPeme" de Ponteareas, no Centro de Desenvolvemento Local, atópase en Lomba do Cruceiro, nº 5.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.